28 de nov. de 2011

A CAMBADESA EVA SOTO GAÑA O 1º PREMIO NA XII EDICIÓN DO SALÓN NUPCIAL DE BRANCO CELEBRADA EN FERROL

O salón nupcial De Branco pecha con dous mil visitas
A deseñadeora  cambadesa Eva Soto gaña os 2.500 euros do primeiro premio do décimo concurso de novas deseñadores
Dous mil persoas visitaron desde o venres ata onte, día de clausura, a duodécima edición do salón nupcial De Branco. Moitas delas gozaron do concurso de novas deseñadores, no que participaron vinte creacións de alumnos de deseño de moda de Galicia, Cataluña, País Vasco e Canarias. Gañou a presentada pola cambadesa Eva Soto, un deseño de traxe de noiva titulado Arte en branco elaborado con papeis de distintas texturas, que levou os 2.500 euros do primeiro premio. O segundo posto, con 1.500 euros, foi para Eider Capdepont, de Biscaia; e o terceiro, con 1.200 euros, para Encarnación Ruiz, de Sanxenxo. O cuarto premio (400 euros) levoullo María Jesús Piñeiro, tamén de Sanxenxo. A ferrolá Estefanía Díaz levou o quinto premio, dotado con 300 euros.

En total, repartíronse case seis mil euros en premios. Xunta, Concello e Deputación da Coruña patrocinaron o salón nupcial. O xurado do concurso estaba presidido polo vicepresidente da Cámara, Cristóbal García Nores, e integrado tamén polo edil Borja Carro, as deseñadoras Covadonga Gutiérrez e Sabela Malvar; a profesora de mercadotecnia Sol Seoane, e o presidente da asociación de perruqueiros José María Gómez.
A De Branco achegáronse fundamentalmente parellas que están a planear a súa voda para os próximos meses. Ademais de poder acceder nun só recinto ás últimas novidades en moda nupcial, para noivos, padriños e invitados, o salón nupcial concedía a oportunidade de saír de Punta Arnela con todos os detalles da cerimonia xa contratados. Iso supuxo para as parellas un aforro de ata 1.800 euros nos preparativos do enlace, segundo a organización do certame.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: