Hoxe vou abrir unha nova sección no meu blog que se vai titular “Cambados no Recordo” vou tratar de facervos chegar historias de Cambados, algunhas delas inéditas e outras de autores coñecidos, material que fun recollendo de varios sitios, amigos ou xente quen sen mais mas enviou por correo, e por suposto que este espazo segue aberto por se queredes seguir enviando cousas.
Comezamos esta xeira cun artigo titulado XENEBRA-CAMBADOS, o remate diremos autor......
e ano, o relato empeza así:
e ano, o relato empeza así:
“Cada vez que chego á Sociedade de Nacións paréceme que estou en Cambados. Cambados é cabeza do partido xudicial ao que pertence o meu pobo e alí non hai máis que avogados, notarios, xuíces, procuradores, escribanos, alguacís etc.
Xa saben vostedes o fraccionada que se acha a propiedade territorial naquela zona de Galicia, onde hai leiras que apenas se producen o repolo necesario para pór un bo cocido o día da patroa e onde á que dá para un cocido familiar cada domingo considéralla pouco menos que como un latifundio. Aquilo é coma se dixésemos o solto da propiedade territorial. É a propiedade territorial posta en cadelas gordas da paisaxe, decide facerse unha casiña por alí, para comprar dúas mil pés de terreo necesita entenderse con quince ou vinte paisanos e asinar trinta ou corenta escrituras.
Naturalmente esta atomización da propiedade dá orixe a unha seria interminable de conflitos, que sempre se resolve en Cambados. Cuestións de lindes, cuestións de regas, cuestións do que se chama “servidume””Un que desvía cara á súa terra a auga do pozo destinado a regar a terra doutro; este que utiliza para ir á súa leira un camiño que paso sobre a leira daquel, ou así sucesivamente. Cambados vén ser para os campesiños do meu pobo algo así como unha pequena Sociedade de Nacións, como non ha de parecerme a Sociedade de Nacións unha especie de Cambados”.
Xa este vello e adusto palacio de Saint James non deixa de ter certa analoxía co noble palacio de Fefiñáns; pero a analoxía maior está entre o campo galego e o mapa de Europa. Europa, sobre todo despois do Tratado Versalles, é como un conxunto de pequenas “leiras” ou predios que se obstrúen unhas a outras, se constriñen, péchanse o paso ao mar ou se quitan a auga dos ríos. Recentemente enterrados aínda os mortos da Gran Guerra, comezaron as partillas e Europa se fraccionou ata o inverosímil. Antes só había en Europa unha nación sen saída ao mar : Suíza. Agora hai catro: Suíza, Hungría, Austria e Checoeslovaquia. En canto a Polonia , non quedou outro remedio que o de habilitarlle ese famoso corredor ou paso ata o Báltico para tranquilizala de momento. Polonia, Checoeslovaquia, Estonia, Finlandia, Lituania, Latvia...Todos estes países carecían de existencia antes da Gran Guerra e, polo que respecta ao último deles, o meu amigo o doutor Bilmans, con quen eu fixen unha viaxe aredor de dous meses polos Estados Unidos, contoume como o mesmo fundouno unha noite, reunido con varios interlocutores nun café de Riga.
Eu atreviame a pórlle ao lector estes tres modestos paralelos: Europa ou Galicia, Xenebra ou Cambados, Saint James e Fefiñáns. A política internacional europea ten un carácter completamente rural, e con todos os seus pactos, tratados, actas e convenios non é, no fondo, máis que unha política de avogados cambadeses.
Se, amigo lector. Cada vez que eu chego á Sociedade de Nacións paréceme que entro en Cambados e, logo de todo, non se dixo sempre que Galicia é a Suíza española e non se estivo comparando toda a vida a Ría de Arousa ao lago Lemán."
JULIO CAMBA (Publicado en “Ahora”, o 27 de marzo de 1936.
Fotos: www.cambadosenfotos.net (Eduardo Apariz)
Tradución: “A ti meu Cambados”.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario