7 de nov. de 2011

A CAMBADESA MONICA GUILLAN PREMIADA NA GALICIA FASHION WEEK

Mónica Guillán
As modistas emerxentes foron protagonistas da Fashion Week.
Mónica Guillán e María Viqueira gañaron os concursos dos mozos.
Que a moda morre nova non é máis que unha frase, máis ou menos cuestionable, pero que a moda sen a savia dos mozos non ten futuro é unha realidade innegable. Conscientes diso, os organizadores da Galicia Fashion Week (GFW) optaron por crear un espazo propio dirixido aos deseñadores emerxentes e a alumnos da escola de deseño, nunha clara aposta polo futuro e os novos talentos da moda galega.
A xornada de onte da GFW, no Hostal dos Reises Católicos, estivo......
dedicada a estes deseñadores galegos emerxentes, dándose cita un total de 22 creadoras, 14 na Zona E (plataforma de lanzamento de deseñadores emerxentes, con 4 estilismos) e 8 na Zona Zero (dirixida a alumnos de escolas de deseño e creadores autodidactas, cun estilismo), cada unha delas dotada cun premio. Na Zona E, o premio, consistente nun estand no Espazo Ego da Semana Internacional da Moda de Madrid, foi para a cambadesa  Mónica Guillán, formada na Escola Mestre Mateo, mentres que o da Zona Zero (unha sesión fotográfica con modelo profesional) levoullo María Viqueira, formada na Escola Goymar da Coruña.
O sentimento máis xeneralizado entre as novas deseñadoras emerxentes na GFW é que o mundo da moda en Galicia é moi pechado. A gañadora da Zona E, Mónica Guillán, ve o actual momento da moda en Galicia «estancado, cun mercado moi pechado, no que hai buscarse moito a vida porque non é fácil entrar nese mundo». María Cabezas, de Vigo, outra emerxente que se presenta a todos os concursos, considera que «é moi difícil abrirse camiño».

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: