7 de nov. de 2011

O CAMBADÉS JUAN GALIÑANES PREPARA UNHA CURTA CON "ANIMALIÑOS DE VERDADE"

Desde que abandonou Dygra Films, Juan Galiñanes estivo traballando nun novo curto, pero esta vez non será de animación, aínda que asegura que non abandona este método, senón que lle apetece facer algo con "Animaliños de verdade". 
O guión teno escrito desde fai xa un par de semanas e hoxe mesmo terminou o guión técnico. Agora xa só lle falta atopar o financiamento, o produtor, o equipo de rodaxe, os actores, localizacións,... como el mesmo recoñece "pouca cousa".

Ningún comentario: