sancionada pola xunta electoral competente. A multa será de 300 a 3.000 euros si se trata de autoridades ou funcionarios e de 100 a 1000 si se realiza por particulares”. Repetimos a Lei non prevee o apercibimento senón a sanción directamente. Que pasou na Xunta Electoral de Zona de Cambados para que cando reconocen expresamente que Aragunde e Touris están incumprindo a Lei, non son sancionados. Os compomentes da Xunta Electoral de Zona, tres xuices, una avogado e unha funcionaria deben de respostar isto. Por que foi sancionado o Alcalde de Vigo a primeira ocasión e estes dous non?. Os españois non son todos iguais ante a Lei?. Pois polo que parece, non todos somos iguais perante a Lei.
A xunta electoral advirte ao delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, de que incoará un expediente sancionador no caso de que volva protagonizar actos “prohibidos” durante a campaña electoral, como a súa visita a unhas obras de Cambados a semana pasada. Estes feitos motivaron unha reclamación do BNG quen puxo de manifesto que era a segunda vez en menos dun mes que o popular realizaba unha actividade deste tipo. No BNG non gustou a resolución ainda que se respeta, pero preguntanse e si foramos nos os infractores pasaria o mesmo”.
O organismo electoral tomou en consideración a queixa do responsable comarcal da coalición, Xoán Antonio Allegue, quen expuña que a inspección dos traballos nas rúas Beleco e A Illa, así como do enterro do cableado de Fefiñáns por parte de Cores Tourís e o alcalde cambadés, Luís Aragunde, incumpría a normativa vixente en período electoral.
Os membros da xunta conclúen que efectivamente se trata dunha actividade “prohibida” en campaña por tratarse de algo “financiado por un poder público e que contén alusións aos logros obtidos polo mesmo durante o período electoral”, estando prohibida a inauguración de obras e servizos ou proxectos destas calquera que sexa a denominación utilizada”. E si a xunta conclue deste xeito, insistimos ¿Por qué non os sanciona?. A xunte é moi desconfiada e pensa que este asunto non cheira nada ben.
Allegue tamén recordaba no seu escrito que esta visita, efectuada o pasado día 11, era a segunda que realizaban o delegado territorial e o rexedor municipal en menos dun mes e nun tempo “vedado” a este tipo de actos. De feito, o ente electoral toma en consideración que reincidiron e no documento remitido ao BNG expón que non só require á Xunta e ao Concello para que se “absteñan” de realizar actos como este, senón que engade con “o apercibimiento de que tratándose da segunda denuncia por feitos similares, de incorrer en reiteración, poderá acordarse a incoación do oportuno expediente sancionador”.
A primeira produciuse o 18 de outubro, cando Cores Tourís e Aragunde visitaron a sede da Sociedade Cultural e Deportiva de Cambados con motivo da reforma á que está sendo sometida con fondos da Deputación de Pontevedra. Naquela ocasión, o Bloque Nacionalista Galego tamén presentou unha queixa ante á xunta electoral que lle deu a razón, cualificándoa como “prohibida”.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario