14 de nov. de 2011

UNHA MAGOA, BORRON 4 PECHA DEFINITIVAMENTE O TRES DE DECEMBRO

A xornada do sábado  foi un día para recordar en Cambados. A vila na que Luís Fernández Silvoso abriu a primeira e única galería de arte privada da comarca nos anos noventa, e que en outubro deixaba orfa. Pero todo o seu esforzo e dedicación nunca foron en balde e se nalgún momento quedou patente foi o sábado  mesmo, cando Borrón 4 abriu as súas portas para inaugurar unha exposición na que preto dunha trintena de creadores, entre pintores e escultores, renden homenaxe ao cambadés como mellor saben, brindando a súa arte, unha vez......
máis, á súa causa. O baixo da Avenida de Galicia quedou pequeno para acoller á “marea” de amigos e artistas que quixeron formar parte da iniciativa impulsada principalmente polo seu fillo Alberto Fernández. 
Moitos prostráronse no exterior para escoitar as palabras especialmente elixidas polo pintor Saúl Otero e os poetas Miguel Anxo Fernán Vello e Baldo Ramos para dar inicio ao acto, tamén poidemos ver o voceiro do BNG Victor Caamaño, quen tampouco quixo faltar a cita.. “Borrón 4” foi escenario de momentos moi emotivos pero tamén houbo lugar para os recordos, os bos intres vividos con Fernández Silvoso cuxo repentino falecemento aos 57 anos de idade causou un fondo pesar no mundo da cultura. E é que o cambadés acababa converténdose en amigo de quen entraba na súa galería para mostrar o seu traballo ou gozar das creacións das súas paredes. A mostra, titulada “Tempora, tempore, tempera”, permanecerá exposta ata o 3 de decembro, e recolle obras de Alberto Gulías, Antón Sobral, Antonio Mateos, Baldo Ramos, Caino, Fernando Arenaz, Francisco Escaleira, Guillermo Pedrosa, Isabel Pintado, Liño Silva, Manolo Busto, Manolo Dimas, Mila Vázquez, Rafael Masiá, Rosa Elvira Caamaño, Rosa Úbeda, Saúl Otero, Teresa Brutcher, Uxío López, Vicente Prego, Xaquín Chaves, Xavier Magalhaes, Xurxo Alonso, Xurxo Durán, Adonis Escudeiro, Jesús Curiá, Francisco Pazos, Lucas Míguez, Chazo, Paz, Marcos Juncal e Xosé Manuel Castro.
O próximo 3 de decembro a galería Borrón 4, de Cambados, pechará as súas portas. Así polo menos anunciouno onte Alberto Fernández, fillo do propietario, quen estaba acompañada pola sua nai e a sua irma e outros familiares,  durante a inauguración da que será a última exposición desta mítica sala.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: