24 de nov. de 2011

A DESEÑADORA CAMBADESA EVA SOTO DEU UN CURSO ORIGAMI DE PAPIROFLEXIA

Eva Soto

Un origami de papiroflexia é o que utilizou a creativa Sabela Arias para facer o escaparate do 25 aniversario de Piayces, unha arte de orixe xaponesa consistente no encartado de papel para facer formas e figuras, sen utilizar tesoiras, nin pegamento ou grapas. E sobre o origami aplicado á moda versou nantronte un dos organizados pola Escola de Deseño (Esdemga) e impartido pola deseñadora cambadesa  Eva Soto en Pontevedra. Moitos deseñadores traballan a partir desta técnica para desenvolver as súas coleccións, como a propia Eva, gañadora de múltiples certames de moda nova como Tesoira ou o Concurso Internacional de Vestidos de Papel de Güeñes.

Ningún comentario: