24 de nov. de 2011

XOSÉ MARÍA VILA QUERE SER PROFETA NA SÚA TERRA

Maña é un dia grande para Xosé María Vila Ribadomar, pois presenta en Exposalnés ás 20.30 horas o seu libro “Fotográmatica” que xa fai uns días presentou na vila na que reside a Illa de Arousa, estará acompañado tamén nesta ocasión polo escritor e profesor Emilio Insua e polo pintor é Mestre Saúl Otero. No mesmo acto se procederá a lectura dalgún dos poemas do seu derradeiro traballo, entre os lectores estará tamén o mestre e poeta Domingo Tabuyo. Lin o libro, paréceme que Xosé María ten unha forma de escribir moi peculiar que fai pensar a un e o mesmo tempo sácate do presente e ponte noutro espazo. De seguro que Xosé María ha estar arroupado por familiares e amigos. O acto está organizado polas librerías cambadesas Contos e Ramón Cabanillas.

Ningún comentario: