24 de nov. de 2011

IAGO PILLADO LOSADA, NOVO LETRADO CAMBADÉS

Iago tomando posesión (Preme na
imaxe para vela ampliada)
Estes días tomou posesión no Colexio de Avogados de Pontevedra un novo letrado o cambadés Iago Pillado Losada, baixo a presenza do Ilustre Decano do Colexio de Avogados de Pontevedra D. Eloy Artime Cot e apadriñado polo prestixioso avogado grovense Bruno Fernández Aguiño bufete no cal ven xa dende fai un tempo desenrolando a súa actividade o mozo letrado cambadés. Ataviados coas súas mellores galas,  Iago tomou posesión nun acto no que tamén o fixeron outros compañeiros de profesión. Sen dúbida un dos días......
máis importantes e emotivos na vida profesional de Iago e de todo o profesional do dereito, xa que supón o comezo da vida laboral propiamente dita e a oportunidade de presentarse diante dos seus compañeiros. No acto Iago aparte do seu padriño Bruno estivo acompañado dos seus emocionados país Manolo Pillado  e María Luísa Losada. Para min vai ser todo un pracer coincidir no Xulgado con Iago, a quen lle desexo o mellor neste ingrato mundo da xustiza. Os meus parabéns rapaz.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: