18 de nov. de 2011

GRAZAS A GUIMATUR GWYNETH PALTROW ADORA CAMBADOS

Maria Xosé Cacabelos coa actriz
americana-

Guimatur é unha asociación que está formada por 19 compoñentes, das cales 17 son mariscadoras e 2 redeiras. Está aberta a todas as mulleres que traballen no sector marítimo-pesqueiro de Cambados (bateeiras, armadoras, mariñeras…),  é ademais unha Asociación Cultural das mulleres do mar de Cambados que traballa para difundir a cultura mariñeira e os valores tradicionais do traballo no mar. Entre outras actividades, organizan dúas rutas, no Concello de Cambados (Pontevedra), nas cales mostran a súa forma de vida e a rica herdanza cultural do pobo mariñeiro galego, sendo unha das suas compoñentes Maria Xosé Cacabelos,.......
concelleira do BNG en Cambados. Pois ben grazas a esta organización a oscarizada actriz Gwyneth Paltrow visitou Cambados no ano 2007 e ahí empezou o ramance a actriz co noso pobo. Acabase de publicar en todos os medios de prensa que a afamada actriz confesou publicamente o seu amor pola nosa vila  confesión realizada na revista Traveler cales son as seus 25 lugares favoritos. Unha lista que encabeza Barcelona e na que hai un pequeno oco para Galicia, máis concretamente, para Cambados. Alí a actriz vestiuse as botas de auga e aprendeu a cultivar marisco. Cambados nesa lista ocupa o noveno lugar o carón de sitiios tan emblemáticos como Barcelona, El Bulli, Museo Guggenheim, Restaurante Arzak, Cidade das artes e das letras de Valencia, A Alhambra ou o barrio xudeo de Girona entre outros. Os asesores do noso Alcalde Luisiño Aragunde idearon, xa que el carece de ideas, subirse o carro de Guimatur  e invitar a actriz para ser nomeada Dona do Albariño, dende logo seria un titulo merecidisimo porque fixo mais ela por Cambados que todos alcaldes populares que gobernaron ate o de agora xuntos.
Podes fer unhas fotos inédiditas da visita de Gwyneth Paltrow na columna da dereita.
Asemade tamén podes ver a nova en Tele Voz premendo AQUÍ.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: