23 de nov. de 2011

NUNCA PAGARON IMPOSTOS NIN OS PAGARAN XAMAIS.

Segundo din algúns analistas económicos e políticos, a crise actual vai tardar algúns anos en desaparecer por que as circunstancias nas que vivimos agora non son as adecuadas para crear emprego. Claro, e digo eu, é evidente que todo nesta podrecida sociedade se basea nos imprescindibles cartos, en aparentar que tes aínda que non teñas, vivir sempre por riba das nosas posibilidades. No culto e adoración o becerro de ouro, xeración tras xeracións.
A nosa terra vai tardar moito máis en saír a flote se cadra que outros países, porque a herdanza que nos deixaron os gobernantes que nos precederon hai ......
varios centos de anos e unha frecha envelenada que fixo diana na nosa feble xenética. Galiza foi sempre e agora mais que nunca un país de malvados e indesexables "caciques" amparados polo inmaculado e sacrosanto  mantel do imperio feudal da debastadora e todopoderosa relixión católica.
Unha sociedade empobrecida, sen capacidade  de análise, sen criterio  para razoar nin ter iniciativa propia, somos  moi dados a que pensen e decidan por nos case que sempre sen ningunha clase de valores éticos, morais e políticos. Aquí o imprescindíbel e esencial, sempre foi e será ir a misa, facerlle a pelota e rirlle as gracias os amigos ou achegados caciques de "politiquillos" de quenda e así se foi transmitindo ininterrompidamente da pais a fillos, polos séculos dos séculos e gora que é o valente que borra esa mensaxe do noso enrevesado A.D.N..
A multinacional máis antiga e potente do planeta "A IGREXA", non está en crise. Todo o contrario, vai vento en popa, maxistralmente dirixidos por uns astutos e "correveidiles" economistas cardinais e bispos que para si quixeran a maioría dalgúns países. 
Dende as súas suntuosas e monumentais igrexas e catedrais, piden esmola todos os días que veñen o mundo, alugan e venden a prezo de ouro os solares e locais que lle quitaron, por dicilo dalgunha maneira, a pobre xente que en aras dunha hipoteca e falsa salvación das súas ánimas delegaron neles todos os seus bens, froito do traballo de tódalas súas vidas. Non malgastan un miserabel céntimo, inverten os seus cartos e escuras e lucrativas operacións financeiras como si se tratara dunha compañía bolsista calqueira, sempre con información privilexiada, caso Gescartera. Saben cando vai trincar e uns dias antes sacan os cartos.
E o máis importante, nunca, nunca xamais dos "xamaises", pagan un miserento céntimo de impostos. Cando nalgún país hai unha catástrofe natural dende os seus maxestosos púlpitos e luxosos retiros emiten sacras cartas pastorais coméndolle as febles cabezas das xentes para que sufraguen o que a natureza desarranxou, pero eles non poñen con parte do que eles dan porque saben fixamente  que alí onde o necesitan, pouco ou nada lles vai chegar.
a través das súas homilías e inmaculados sermóns o Partido Popular ten os activos mais importantes para chegar a xente sen facer ningunha clase de ruído. 
Descaradamente sen ningunha clase de escrúpulo piden o voto para o P.P. Campañas limpas, sen carteleira algunha, todos os tempos e catedrais do país en campaña electoral, tres ou catro veces o día, locais electorais onde ninguén que non sexa frade, crego ou bispo, pode poñer para difundir outra clase de mensaxe que non sexa o marianismo da virxe ou mentireiro marianismo de Rajoy. A igrexa queirámolo ou non , é, foi e será sempre unha mazá podrecida nos froiteiros de tódolos países que a albergan, fai maxistralmente unha función que ninguén quere facer: "enterrar os mortos" e aí reside a súa forza  - ben aparte da económica. en nome dunha hipotética nova vida no máis alá pero ben saben eles que despois desta vida non hai outra oportunidade, tamén é o que lles queda- Porque en casar a xente xa pasa deles, bautizar menos pero algúns xa non queren  arrefriarlle a cabeza o cativo. 
En resumen, un poder facticio que pon e derruba gobernos, tamén cun innato poder de anular conciencias e o intelecto para que non dean un paso adiante, sen a titoría sempre celosa do párroco de quenda. Un auténtico cáncer instaurado na maioría dos pobos e cidades do sacro santa España, o servizo do partido máis corrupto e podre, sempre escravo do gran capital.
Estamos a anos luz do Pais Vasco e catalán, onde a xente mais podente falan e defenden os seus idiomas sen engurrarse. Os seus bispos e curas defenden dende os altares os valores dos seus pobos baixo a mirada incrédula do ínclito rouco Varela que non da chío.
Temos moito traballo para facer e chegar a xunto deles. Un traballo que non no lo vai a facer o PP nin o PSOE, Témolo que facer os de sempre os que nos corre o sangue da terra polas nosas veas.
MARTÍN COBAS, TROBADOR DOUTRO SÉCULO.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: