23 de nov. de 2011

¿NON VAI HABER MIRAGRES?

Non o entendo. A min que mo expliquen. Nunha crise como a que estamos. Tras unha campaña electoral como a que acabamos de vivir, cun resultado tan claro e contundente. Tras escoitar tantas críticas ao Goberno de Zapatero. Mesmo tras escoitar  as promesas que a oposición lle facia os electores. ¿Cómo é posible que nos quiten, inmediatamente tras o reconto dos votos, a esperanza de que non vai haber miragres?. Se os erros de Zapatero e os seus xestores foron de tales dimensións, e se as solucións para os problemas da economía do noso pais eran tan
obvias como predicaban os que gañaron onte, daquela ¿como nos piden agora, tras obter unhas marioría absoluta para gobernar firmemente que non agardemos miragres?. Aínda non hai unha semana que Mariano Rajoy prometeu na prensa que se gañaba levaría a España á cabeza do euro...¿é agora que gañou dinos que non agardemos miragres?.
Angel Quiroga. Berlin.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: