23 de nov. de 2011

A VACA QUE RI

Un a veces oe historias durante o seu percorrer profesional  que non da creto, a maioría das veces son dramáticas, outras curiosas e outras cómicas coma a historia que vos traio hoxe a colación. Resulta que na veciña vila de O Grove un señor do cal obviamente imos respectar a súa intimidade foi presentar denuncia perante o cuartel da Garda Civil da localidade manifestando que dende fai máis dun ano un veciño, do cal tamén imos respectar a súa intimidade , deixoulle unha tenreira na súa finca, pechada e cun letreiro ben visible de "propiedade privada", o......
propietario da finca sorprendido requiriu varias veces o presunto propietario da tenreira para que a retirara e este segue a facer caso omiso. O propietario non sabe que facer coa vaca e ningunha administración lle da razón do que pode facer, se a solta malo,  se a deixe no sitio e lle morre, peor, en realidade o que debería facer e presentar unha demanda civil para requirir o propietario do semovente para que a retire, pero iso é meterse en gastos de avogado e procurador e xa sabedes como as gastan estes a hora de minutar. E namentres a vaca ri.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: