Está claro que dende fai tempo o noso alcalde acabaronselle as ideas e iso que estamos casi a principio da lexislatura, a derradeira do noso alcalde e publicada na prensa de arousa como un mérito, foi a desastrosa idea de viaxar cos cartos de todos nos as prazas de Abastos de A Coruña, Ferrol, e Santiago, casualmente todas con alcalde do Partido Popular e todas que nos quintuplican en habitantes, eso si unha das mellores prazas do abastos do arededor é a de Pontevedra non foi visitada, pero como a fixo un alcalde do Bloque , esa non vale. A todo isto......
preguntome sen anímo ningún de ferir a ninguen, pero non creedes que o noso alcalde minusvalora os seus técnicos, tendo en conta que en Cambados hoxeendia temos un arquitecto, un aparellador municipal, un técnico de patrimonio e un arqueologo entre estes catro profesionais non son capaces de idear unha praza de abastos en condición para unha vila de 13.000 habitantes.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario