Na TVG hai un programa que se denomina “O meu Barrio”, e non fai moito adicou o mesmo o barrio de Fefiñans, e non é porque sexa o meu, pero é o barrio mais bonito de Galiza, aquí naceu na Rúa Novedades o “Poeta da Raza” Ramón Cabanillas e tamen naceu no barrio de Triana unha persoa que ate o de agora era o único academico que habia en Cambados Francisco Fernandez Rey “Paco o de Xenxa”, ata que nomearon a Manolo Paz tamén academico , quen por certo pese a ser de Castrelo tamén vive en Fefiñans. Nesta reportaxe......
que empeza no minuto 33, e que dura mais de 20 minutos podemos ver un repaso do noso barrio a fondo, incluindo dentro deste barrio outro barrio mais pequeño que é o Barrio de Triana. Nesta reportaxe podemos ver a Francisco Fernandez Rei (Paco o de Xenxa, acádemico de Real Academia Galega das letras e trinaero de pro), a Marisa Gil ( a do Palacio), a Joaquin Gil de Araujo (o de adega Palacio de Fefiñans, a quen lle temos que “agredecer” que a sede do Consello regulardor estea en Pontevedra), a Gardenia Padin (de Grandola Artesanato), a Carolina Vázquez (de Vinoteca Aniuska), a Manolo Piñeiro (Manolo o de Maluca de vinoteca Principe), a Benito González (Beni Millan da peña Os trianeros) Ramón Martinez (pai do meu amigo Monchito Ullo e o posuidor da gaiola máis grande de Galicia), Rocio Acha (Directora dos Museos de Cambados), Consuelo Ribadomar (a filla de Manolo o Trisca), Nenucha Otero (de Ferreteria Otero), Maria Xosé Beiro (administradora do parador), José Luis Aragunde (Ribeira de Fefiñans- o vajo-), e o restaurador Manolo Ribadomar (fillo de Manolo o Trisca), todos eles vannos amosando as grandezas do barrio mais bonito de Galicia. Para ver a reportaxe preme AQUÍ ou na imaxe. Lembra empeza a partir do minuto 33.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario