16 de nov. de 2011

O RESTAURANTE VINOTECA PANDEMONIUM, NA TVG

Fai uns días a TVG fixo unha reportaxe sobre o restuarante Pandemonium de Cambados tendo como anfitrión o propio Tonino , como sabedes dun tempo a esta parte e un dos sitios xa emblemáticos tanto a hora de xantar como de tomar un bo viño ou charlar diante dunha copa cos amigos. O restaurante encadrase nun proxecto que pretende desenrolar unha cociña de autor baseada no producto autóctono e en unha búsqueda incesante da mensaxe que a propia materia prima sea quen de transmitirnos, para elo, entendemos dunha importancia maiúscula,......
o acceso directo ó producto e o estudo do mesmo para tratar de encontrar a súa maior expresión. Tamén entendemos como fundamentais outros factores que contribúan a que o cliente do restaurante, teña unha experiencia máis aló do mero feito culinario, como é un servicio dinámico e eficaz, unha oferta vinícola de amplio expectro e unha imaxe do restaurante que complemente todo isto. Podes ver a reportaxe premendo AQUÍ, ou na imaxe.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: