16 de nov. de 2011

HISTORIA DUNHA MORTE ANUNCIADA: GUAU

A CONSERVEIRA DESPOIS DE RECIBIR CATRO MILLONS DE EUROS DA XUNTA DEIXA NA RUA A 80 PERSOAS
HOXE TEÑEN UNHA BOA POSIBILIDADE PARA PROTESTAR AS TRABALLADORAS NO MITIN DO PP EN CAMBADOS.
Alimentos Arousa, fai un tempo denominada xa  como Conservas Guau, foi unha das empresas máis emblemáticas de Cambados. Propiedade da familia de Manuel Otero, a conserveira viviu, nesta última época, unha infinidade de vicisitudes que, todo parece indicar, abocárona ao peche definitivo. Lembradesvos dun grupo que popularmente se chamou o G-10,......
unha seria de constructores de Cambados  que fixeron unha alianza “contra natura” para facerse cos terreos e logo viñeron cambios de donos, factorías novas e un investimento público que podería superar os catro millóns de euros non serviron para sacar adiante a unha empresa cuxa situación privilexiada no centro urbano de Cambados outorgáballe un valor engadido para os especuladores inmobiliarios. O tempo demostrou que en Alimentos Arousa non houbo negocio nin para fabricar conservas, nin para construír vivendas. Oitenta persoas quedaron na rúa. As denuncias da CIG e do BNG non valeron para nada, so valeron para recibir criticas dos peperos Aragunde e Touris gurús eles do emprego fantasma e desgrazadamente a historia volve a dar a razón BNG e 80 persoas vense sen traballo. Xa é a enésima empresa que bota o peche no poligono, que hai daqueles 1000 postos de traballo que prometeron.  O pior de todo e que hai xente que os segue a votar.
Os primeiros problemas de Alimentos Arousa xurdiron no 97. A empresa precisaba novas instalacións, pois as actuais non cumprían coa normativa en materia de sanidade. E iniciáronse os trámites para trasladar a firma a Tragove. En novembro, os propietarios obtiveron a autorización para instalarse na rada cambadesa. Dous anos despois, e coa factoría no mesmo sitio, as traballadoras iniciaron mobilizacións pois se falaba xa da intención do empresario de proceder ao peche da factoría.
A PRIMEIRA VENDA
As traballadores comezaron a mobilizarse e esixiron ao Concello que non permitise recalificar os terreos sobre os que se situaba a conserveira sen que antes garantísese a conservación dos postos de traballo. Aparecen dúas ofertas de compra: a dun empresario estranxeiro e a dun grupo de promotores cambadeses os gales antes referimonos como o G-10. Finalmente, foi esta última oferta a que se fixo realidade e, en novembro do 2000, Alimentos Arousa cambia de donos por primeira vez. A oferta dos cambadeses esperta o receo entre as traballadoras, pois moitos están ligados ao sector inmobiliario.
No 2002, a conserveira estrea novas instalacións no polígono industrial de Sete Pías, ali foronse todas  as autoridades, conselleiro do ramo para inaugurar, e agora? Van vir eses todos comesdevalde para pechar a empresa. Unha fábrica na que a Xunta gastouse ao redor de tres millóns de euros. Ao mesmo tempo, comeza a urbanización de terreos no centro urbano. Pero só pódese acometer nunha das parcelas. A outra, aínda hoxe, está pendente do PXOM, que esta en estudo non se vaia perxudicar a xente “popular”, hai que estudalo polo miudo, para eso temos novo arquitecto no concello, un aparellador, un técnico de patrimonio e un arqueólogo, aionda así o PXOM non sae adiante.
A calma entre as traballadoras dura pouco, porque catro anos despois aparece unha nova oferta de compra. Crista dá Onda, unha empresa de Marín, faise coa factoría por dous millóns de euros. Anuncia máis carga de traballo mediante a posta en marcha de novas liñas de produción. O seu proxecto esgótase só tres anos despois, con sponsarización incluida sen pagar o Club Juventud Cambados. Segundo a CIG, as irregularidades na xestión durante o ano 2009 provocan perdas económicas. Delmar Creek faise entón co 51 % das accións e anuncia a firma dun contrato con Apicalia para elaborar lombos de peixe. Entre o 2008 e o 2009 o Igape concédelle créditos por máis dun millón de euros. Non serve de nada. Unha denuncia por estafa serve para que Conservas Guau bote o peche. E todo parece indicar que este é o definitivo.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: