Foto Apariz |
Este é un novo reto para Valentín, xa que polo que se poderá percibir por este poema, non é o que mellor fai é escribir en galego, segundo di o propio Valentín.
Pero non podía ser doutro xeito que o seu primeiro poema en galego fose adicado ó pobo once naceu, se criou e que morrerá (esperemos que sexa dentro de moitos anos).
O noso amigo espera que vos guste, e tamén espera, segundo nos conta no seu propio blog,......
ir mellorando pouca a pouco.
ir mellorando pouca a pouco.
CAMBADOS, UN FOGAR
E o carón dunha ventá vexo a beleza
da que ó nacer fun testigo enamorado
da súa Lúa e o seu Sol quedei apresado
e do seu nome solo desborda nobreza.
As súas rúas gardan segredos inmensos
de cada pedra brota unha bela sonrisa
e desde o ceo reflorece a súa brisa
é o lugar acariñado por un mar de versos.
No seu barrio mariñeiro, pecha os ollos
e ela soa aparecerá, imperiosa e gloriosa
que mais que unha princesa é unha diosa
é a Torre na que os poemas foron soños.
Case rozando o ceo, Santa Mariña querida,
do seus ollos percibirás unha ría ben fermosa
descansa e acouga nunha tenue prosa
e dun verso de Don Ramón, beleza prometida.
E da praza mais grandiosa, unha fermosa fachada
na que o Diaño prometeu, entre húmidos lamentos
que había de volver, pero non a causar tormentos
se non que a poderse namorar desta vila encantada.
Por iso, que se Cambados fose o inferno
prefiro arder nas súas chamas
e se Cambados fose un soño
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario