Benito Pelea moi apreciado polo PP |
Agamar denuncia que o presidente da Federación Galega de Confrarías Benito Pelea recibiu irregularmente 78.000 euros.Vincula estes cobros con "a actitude" de Benito Pelea "en contra dos intereses profesionais que debería representar" .A Asociación Galega de Mariscadoras e Mariscadores (Agamar) puxo en coñecemento do Consello de Contas de Galicia e da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)......
"varias informacións" referentes á percepción "indebida" de retribucións dinerarias por parte do presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Benito González Sineiro.
En total, o colectivo calcula que "a cantidade de fondos públicos utilizados irregularmente pode ascender a máis de 78.000 euros durante os últimos tres anos".
Louzan e Pelea, dous linces "xestinando" os cartos dos demais. |
A asociación denuncia, así mesmo, que "este uso fraudulento de fondos públicos" repercute negativamente no conxunto da federación, "que fundamentalmente se nutre das cuantiosas subvencións públicas entregadas anualmente pola consellería".
Nas contas anuais presentadas pola federación nos exercicios 2008, 2009 e 2010 reflíctense "pagos ao presidente" de 78.325,33 euros "en concepto de retribucións", destaca Agamar.
E advirte que esta remuneración "está expresamente prohibida pola normativa reguladora das confrarías e das súas federacións provinciais e galega".
"IMPORTANTES ABONOS EN CONCEPTO DE DIETAS"
"Sempre segundo esta documentación contable", apunta a asociación, "ademais desta retribución salarial, o presidente recibiu tamén importantes abonos en conceptos de dietas, desprazamento, viaxes, comidas e hoteis, a cargo da federación".
Sinala que esta contía "podería situarse ao redor dos 90.000 euros" e que "non sería ilegal no caso de ser gastos xustificados documentalmente e de estar vinculados á actuación da federación exclusivamente".
Agamar vincula estes cobros con "a actitude" de Benito González Sineiro "en contra dos intereses profesionais que debería representar".
Por certo a prensa arousán silenciou a nova, ó menos nas súas edicións dixitais. A preguntome eu despois de todo isto o PP vai seguir apoiando a este home.
Nova recollida en : http://www.20minutos.es/noticia/1220933/0/
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario