Empregado que foi hoxe a Xunta Electoral |
Ainda que era un secreto a voces hoxe fun testemuña presencial dun feito digno dos gobernantes do noso concello e da manipulación constante que fan da administración do mesmo. É un feito constatable e unha das fotos que adorna esta nova, por certo recollida do propio blog de Luis Aragunde, que hai empregados muicipais que pegan parteis do PP, que colocan pancartas do PP ou que sacan fotografias do Alcalde pegando carteis do PP, cada vez que o denunciaba o BNG o Alcalde sempre decia que eles non tiñan culpa de que algúns empregados do Concello foran simpatizantes do PP. Pero o que ocorreu esta mañan non ten nada que ver con todo isto, a situación é a seguinte: Hoxe sobre as trece ......
horas aparece un empregado do Concello de Cambados na Xunta Electoral de Zona de Cambados e preguntalle o funcionario da Xunta: ¿Qué queria? E dille o empregado do Concello (unha das fotos que ilustra esta nova) nun perfecto castellano “Venia a entregar estos interventores del Partido Popular”.
Varios empregados do Concello na pegada de carteis. ¿Cobran horas extras por isto? |
E agora preguntovos eu : Para quen traballan os empregados do Concello de Cambados? . A resposta é evidente, están utilizando o tempo que lle pagamos todos os cambadeses para traballar para o Partido Popular, esto senón é un fraude, que non digo que o sexa, , pareceo. O funcionario en cuestión creo que está adscrito o Museo do Viño e se apelida Meijón se non me equivoco, senón o vela foto xa o coñecedes. Pero dinos os empregados da Xunta Electoral que non é a primeira vez que en horario de mañan empregados do concello fan estas labores. Gustariame saber que o que responde nesta ocasión o noso querido Alcalde coñecedor de todos estes batiburrillos. O que me gustaria saber a min tamén e si os empregados que van a traballar para o partido pola tarde o fan co carácter voluntario ou cobran horas extras do Concello en definitiva a conta de todos os cambadeses pregunto, pero diso habemonos de enterar en breve.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario