5 de nov. de 2011

O ALCALDE DE CAMBADOS VETA A “A TI MEU CAMBADOS” NOS PLENOS DA CORPORACIÓN.

CENSURA A UN MEDIO DE COMUNICACIÓN ILEGALMENTE.
O pasado 25 de outubro, como administrador do blog “A Ti meu Cambados” presentei por rexistro de entrada (podes ver a copia do escrito o remate desta nova) unha solicitude para que se me expedira e conceda acreditación para poder fotografar a grabar no Salón de Plenos do Concello de Cambados  cando se celebre “calqueira evento de carácter público” para
poder publicar no meu blog. A que viña solicitar esta autorización?, pois viña a que dias antes o Alcalde prohibiu tamén a unha persona que ten un blog de Cambados grabar no Salón de Plenos se non tiña autorización. Cal foi a miña sorpresa cando recibo un escrito da Alcaldia de data 27de outubro do Alcalde de Cambados (podes ver a copia tamén o remate desta nova) indicando que non se accede o solicitado, escrito, acordo ou resolución que por certo ten varias eivas administrativas:
1º.- Eu non pedin somentes grabar nos plenos senón como decia no meu escrito “conceda ou expida acreditación para poder fotografar e  grabar imaxes no Salón de Plenos de Concello de Cambados cando se celebre calqueira evento de carácter público”.
2º.- O Acordo do alcalde  incumple flagrantemente  o artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Reximen Xurídico das Administracións Públicas e de procedemento administrativo común e cal entre outras cousas di no seu punto segundo “Toda notificación deberá ser cursada dentro do prazo de dez días a partir da data na que o acto houbera sido ditado, e deberá conter o texto íntegro da resolución, con indicación de si é ou non definitivo na via administrativa, a expresión dos recursos que procedan…”, requisito que neste caso non se fai constar.
3º.- Di o alcalde no seu escrito “…o artigo 88.2 do R.O.F….non concede un correlativo dereito aos concelleiros para utilizar un sistema de reproducción” e eu digolle a Luisiño:
a)     eu non pedin o permiso como concelleiro senón como administrador dun blog.
b)     Minte por escrito o Alcalde,  xa que  nin ese nin en  ningún outro  artigo do R.O.F.  deixa de conceder autorización para grabar no Salón de Plenos senón todo o contrario, concretamente o artigo en cuestión di “Para ampliar a difusión auditiva ou visual do desenrrolo das sesións podrán instalarse sistemas megafónicos ou circuitos cerrados de televisión”.
Me parece lamentabel que en pleno seculo XXI o alcalde exerza como censor dun dereito recollido na constitución , que tanto eles din respetar,  como é o dereito a información.
A que ten medo o Sr. Alcalde a que se vexan os seus concelleiros como rin como parbos dos cambadeses cando está a votar as escandolosas subidas de impostos , como algúns concelleiros “hablan castellano” nos plenos, sendo de Santo Tome,  cando foron toda a vida galego parlantes, ou sobre todo a que a xente vexa as escuetas, insiginificantes e diria que insultantes resposas do noso rexisor a preguntas da oposición con dous meses de retraso. A que tes medo Luisiño.
E logo o que xa me parece mais lamentabel e que tendo un asesor xuridico que cobra maís que el non saiba que un acordo, resolución ou comunicación do alcalde teñense que facer constar na mesma os recursos que caben contra ela. Me parece lamentabel. Dende logo que vou recorrer tal resolución porque me parece contraria a dereito.

SOLICITUDE DO BLOG
(preme na imaxe para vela ampliada)

RESPOSTA DO ALCALDE
(Preme na imaxe para vela ampliada)




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: