Xose Maria adicándolle o libro a Chon. |
Hoxe tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa a presentación do libro “Fotogramática” do cambadés residente na Illa, Xosé Maria Vila Ribadomar, arropupado por familiares, amigos e público en xeral. O escritor e profesor Emilio Insua, fixo unha brillante presentación do libro do cal destacou catro aspectos, a primeiro que a poesia de Xosé Maria é unha “poesia de iluminación”, xa o propio nome do libro así o fai costar “Fotos” do grego “luz” e “gramática”, do grego “artes das letras”, a poesia de Xosé Maria, decia Insia, é un “Eu” que......
mira cara adentro, pretende iluminar, desvelar a propia vida, o segundo aspecto que destacou foi que a poseia do cambadés e a “Poesia dos sentidos”, os cinco sentidos abren o siginificado das cousas que están ocultas na memoria, o terceiro aspecto remarcado por Insua e a “Incadescencia melancólica” , é unha poseia triste e melosa, “é unha brasa que queima” e o cuarto aspecto destacado por Emilio é que a poseia de Ribadomar é un “cantar pechado” e unha poesia hermnética díficil de entender a primeira vista. Sengundo Insua, Xosé Maria prefiere o “intenso” o “extenso”, usa a prosa poética e prescinde da estrofa tradicioal, violenta a sintase e xoga cas palabras, o noso poeta “Semi di” as cousas, destacou de Xosé Maria que ten o seu propio estilo, por último Emilio lanzaou un órdago a quen o quixo coller e foi que Xosé Maria xa é un poeta con maiusculas e que xa é hora de alguen xunte os seus tres libros e faga un bo volumen, accesible , gozable e admirable. Logo falou o ilustrador do libro Saul Otero quen contou a anécdota da portada que pensaron que as letras vermellas ian quedar mais grandes, pero unha cousa e velo no ordenador e outra no libro, destacou de Xosé Maria dicindo que é un “arquitecto da palabra”, que realmente non sabe quen ilustra a quen neste libro e tamén destacou que a poseia de Xosé Maria ten unha seña particular. Logo interviu o propio poeta quen deu as grazas a todos pola presenza e destacou que o que resulte da venda dos libros vai destinado a unha ONG galega. Rematouse o acto coa lectura de algúns poemas do libro a cargo do propio Saul Otero, os poetas Juan Carballo, Domingo Tabuyo e Candido Duro, rematando finalmente coa lectura dun dos seus poemas por parte do propio autor. Estivo presente no acto o Alcalde da Illa, eu botei de menos a presenza do noso Alcalde Luis Aragunde ademais amigo personal do poeta.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario