O pasado luns as 19 horas e durante unha hora as empregadas de Alfageme fixeron unha concentración diante do Concello, o alcalde estba no seu despacho e nin se dignou a recibir a unha representación das concentradas que eran mais do medio centenar de persoas para protestar pola situación que atravesan as ex traballadoras de Alfageme pese a que durante a hora que estiveron concentradas estivo chovendo a maioria do tempo. O colectivo reclama á Xunta que posibilite a venda da fábrica á empresa O Consorcio para así poder recuperar......
a súa posta de traballo. Xunto ás operarias e os sindicatos CIG e Comisións Obreiras estiveron onte os concelleiros do BNG de Cambados. Para mañá está convocada outra concentración similar na Praza de Galicia, en Vilagarcía (19.00 horas). O BNG de Cambados si se solidarizou coas traballadoras e estiveron presentes os seus tres concelleiros Victor Caamaño, Maria Xosé Cacabelos e Xaquín Charlin.

Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario