10 de nov. de 2011

QUERELLÁRASE PELEA CONTRA XORNAL GALICIA?

Faciamonos eco neste modesto espazo dun duro, critico, e a meu xuizo insultante artigo de Xornal Galicia contra Benito Pelea, o actual patrón Maior da confraría de pescadores de Cambados, pero como di o refrán “Cando o rio sona,  é que auga leva”. Non é cuestión de reproducir aquí novamente o artigo pero chamaballe de todo menos bonito. Está claro que se quere limpar o honor a querella debe ser presentada a maior brevidade posibel, lembremos que por moitisimo menos e dicir por nada o Benito Pelea querellouse contra Carlos Gonzalez,......
presidente dos rañeiros, e contra Pol Chatarra por  segundo Benito insinuar que falsificou uns papeles do famoso barco Tragove, acusación que a representación procesal de Carlos e de Pol está tratando de probar que así foi. Estas acusacións verquidas por Xornal Galicia son gravísimas e a verdade que non deixan en moi bo lugar nin a Benito Pelea, nin Conselleira nin tampouco o PP.Se non se presenta esta querela están claras duas cousas, unha que o que cala otorga e duás  que a presentada contra Carlos e Pol e coa finalidade última de ir por eles sin mais.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: