Podemos ver no blog do BNG de Cambados que xa fixeron unha valoración dos resultados electorais do pasado 20-N sen tirar fogos, que non é o caso e tampouco caer no mais absoluto dos pesesmismo, pareceme unha valoración comedida e sensata.
Victor Caamaño portavos municipal comenza dicindo que os resultados destas pasadas Eleccións Xerais permitironlle acadar o principal obxectivo que se tiña marcado, e que era o de volver a ter representación no Congreso dos Deputados. Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila......
volverán a ser a voz de Galiza en Madrid, pero tamén seguirán sendo a voz das maiorías sociais galegas; as grandes perdedoras desta dura crise económica e que, de seguro, volverán a ser as prexudicadas polas políticas neoliberais que pronto aplicará o PP no Estado e que xa leva anos aplicando a Xunta de Galiza no noso país.
volverán a ser a voz de Galiza en Madrid, pero tamén seguirán sendo a voz das maiorías sociais galegas; as grandes perdedoras desta dura crise económica e que, de seguro, volverán a ser as prexudicadas polas políticas neoliberais que pronto aplicará o PP no Estado e que xa leva anos aplicando a Xunta de Galiza no noso país.
Segue a decir que o bipartidismo e a crise marcaron a campaña e aínda que acadar os dous escanos, no Parlamento do Estado, non era tarefa doada, desde o BNG tiñamos, ademais, a esperanza de aumentar o número de votos e as porcentaxes de apoio con respecto das Eleccións Xerais do ano 2008, pero o difícil contexto e situación que envolveu este proceso electoral non o fixo posible. Quero sinalar que a participación nestes comicios foi menor e que, ademais, foi unha campaña marcada claramente pola exclusiva presenza do bipartidismo nos medios de comunicación coa finalidade de afastar ás outras forzas políticas, como o BNG, que estivo a propoñer políticas alternativas aos recortes sociais, económicos e democráticos que están a aplicar o PP e o PSOE. Pero os grandes medios de comunicación non so se adicaron a proxectar na sociedade a campaña do PSOE e do PP como únicos candidatos, senón que, ademais, tentaron en todo momento ocultar as propostas do BNG para resolver os grandes problemas sociais e económicos. Aínda nestas difíciles circunstancias, o apoio e o traballo da militancia do BNG, moi consciente do que nos xogabamos nestes comicios, así como a implicación e a campaña feita polos nosos candidatos/as permitiunos obter uns resultados satisfactorios que asegurarán que Galiza siga tendo voz en Madrid nos próximos catro anos.
Antes de rematar fan unha valoración dos resultados de Cambados e di que quere sinalar que foron mellores ca os do ano 2008. Aínda que, nesta ocasión, houbo menos votantes ca hai catro anos ( 700 votantes menos aproximadamente), os resultados do BNG foron mellores tanto en número de votos recibidos (1.309 fronte aos 1.297 no 2.008) coma en porcentaxe (14´99 % fronte ao 14´36% no 2.008) que é o máis alto dos concellos do Salnés. É de gran transcendencia e importancia que, nestas eleccións, o BNG conseguira parar a tendencia á baixa dos últimos anos e comezar a dar sinais de remontada nos resultados. Tamén é certo que nos houbera gustado conseguir uns mellores resultados e ser capaces de concentrar no noso proxecto político a un maior número de electorado de esquerdas. Pero parte da cidadanía non apreciou no BNG a forza que leva anos propoñendo políticas alternativas de esquerda; facendo propostas que sempre se atoparon coa oposición frontal do PP e do PSOE.
E remata o comunicado agradecendo o apoio prestado por todos aqueles votantes que depositaron en nos a súa confianza e estamos seguros de que non os defraudaremos. Así que deberemos seguir traballando para dar á sociedade aquilo que nos demanda, é dicir, conseguir ser un instrumento político útil para o desenvolvemento social e económico de Galiza e das maiorías sociais.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario