25 de nov. de 2011

MAIS GALIZA COMEZA A TRABALLAR CARA A ASEMBLEA DE XANEIRO

Mais Galiza segundo eles mismo din naceron  para cambiar o BNG. Para mellorar a casa común do nacionalismo galego. E para facelo contando con todos e con todas, os e as que xa están e, sobretodo, os e as que están á espera de entrar. Porque MáisGaliza pretende converter o BNG nunha organización de masas, nacionalista e transformadora. A nada galego lle sexa alleo. No proxecto compartido de todos e todas os homes e mulleres nacionalistas e de esquerda que aspiran a construir unha Galiza máis libre e máis xusta. Eis o seu......
compromiso co BNG.
Está formación maña sábado celebra a súa Convención Nacional na que van presentar as propostas para mellorar o BNG converténdoo nun instrumento máis útil a prol dunha Galiza máis libre e máis xusta. Un BNG capaz de suscitar, de novo, a ilusión dunha maioría de galegos e galegas. A conveción vai ter lugar na Facultade de Económicas o carón do Auditorio de Galicia a partires das 16.30 horas.
Xúntase un convite para que a afiliación poida facer extensivo a quen consideredes, xa que esta Convención está aberta a simpatizantes. Estes non terán dereito a participar na votación, pero si a estar presentes no acto.
Na Convención estará habilitado un espazo infantil. Quen poida trasladar os datos de nenos_as que o van utilizar, axuda nas previsións de organización.
Hai comarcas que están alugando autobús para trasladarse a Santiago. Calquera que estea interesado_a que se poña en contacto co Coordinador_a Comarcal, ou mesmo enviando mail a maisgaliza@maisgaliza.org
Eu digolle a Máis Galiza dende este humilde blog , así como as demais forzas ou tedencias que forman o BNG  que por favor fagan o posibel para que poidamos seguir todos xuntos e levar esta nave do nacionalismo adiante , esta nave que ten por nome BNG. O inimigo (PP-PSOE-EU) queren vernos divididos e se nos ven así eles vencerán. Todas as forzas teñen que ceder, por favor facede o derradeiro esforzo, un bo camiño era esa famosa comisión que tiña como un dos obxectivos a creación dun documento único para levar a asemblea. Personalmente non estou incluido en ninguna das formacións polo tanto non irei a ninguna convención nacional de ninguna delas, si a calqueira charla que me inviten por suposto.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: