25 de nov. de 2011

SE ERES INTELIXENTE E BOA PERSOA NON PODES SER DO PP.

Din os católicos  que cando Deus creou o mundo, para que os homes prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes:a)Aos suízos fíxos ordenados e cumpridores da Lei.
b) Aos ingleses fíxos persistentes e estudosos.
c) Aos xaponeses fíxos traballadores e pacientes.
d.)Aos italianos alegres e románticos.
e.)Aos franceses fíxos cultos e refinados./.......

E cando chegou aos galegos...., volveuse cara ao anxo que tomaba nota e díxolle:
Os galegos van ser intelixentes, boas persoas e do PP.
Cando acabou de crear o mundo, o anxo díxolle a Deus:
'Señor, dechelle a todos os pobos dúas virtudes e aos galegos tres.Isto fará que prevalezan sobre todos os demais!'
Deus reaccionou e dixo: Tes razón..... bo, como as virtudes divinas non se poden quitar... que os galegos a partir de agora poidan ter calquera das tres, pero a mesma persoa non poderá ter máis de dúas virtudes á vez. Así é que:
O galego que sexa do PP e boa persoa, non pode ser ...intelixente.
O que é intelixente e do PP non pode ser.... boa persoa.
E o que é intelixente e boa persoa, non pode ser.... do PP.
É Palabra de Deus.




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Ana dixo...

Estou dacordo completamente. Non se poderia esplicar mellor