11 de nov. de 2011

O CAMBADÉS ALBERTO CASTIÑEIRAS “CASTI” FICHA NO RESTAURANTE CON MAIS ESTRELAS MICHELIN DO MUNDO

Preme na imaxe para vela ampliada.
Cando un fai o que lle gusta normalmente soe chegar moi lexos , este é o caso de Alberto Castiñeiras un mozo cambadés, que ben pronto se decideu por isto dos fogóns e acaba de fichar nun dos mellores restaurantes de Cataluña e do estado español. Alberto forma parte do equipo de cociña  do Restaurante San Pau, propiedade da prestixiosa cociñeira catalana Carma Ruscalleda, a cociñeira con mais estrelas Michelin do Mundo. Alberto e de sobra coñecido en Cambados polo sobrenome de “Casti” así é como lle chaman a maioria dos seus......
amigos, quen lideraba a pandilla dos “Comepipas”. Despois de rematar os estudos de hostaleria fixo os seus “pinitos “ en algún restaurante ata chegar o San Pau, alegramonos por él e pola súa familia a quen coñecemos e queremos.
Alberto con parta da pandilla dos "Comepipas".
Carme Ruscalleda naceu no seo dunha familia agricultora e comerciante, estudou o oficio de charcutera, ademais de comercio mercantil, e incorporouse ao negocio familiar (unha charcutería) xunto ao seu marido. Enseguida incorporou unha sección de pratos caseiros para levar. Comprou a torre de diante da súa tenda para abrir xunto ao seu marido Toni Balam, en xullo de 1988, o restaurante Sant Pau, que en só tres anos conseguiu a súa primeira estrela da Guía Michelín. En 2004 abriu un restaurante de cociña catalá en Tokio, tamén chamado Sant Pau. Na actualidade é a única muller do mundo que posúe cinco estrelas da Guía Michelín, tres polo seu restaurante en Sant Pol de Mar, preto de Barcelona, e dous polo seu restaurante en Tokio (Xapón).1
En España é a cociñeira con máis estrelas da Guía Michelín, e conta ademais coa máxima cualificación (tres soles) da Guía Campsa-Repsol. A súa cociña está fundamentada na tradición cociña catalá, pero dando sempre un toque de modernidade. O feito de abrir un restaurante en Xapón, e as súas consecuentes viaxes ao país, fixo que se interese por algunhas técnicas culinarias dese país, adaptándoas á cociña e produtos cataláns. Preocúpase por que a súa cociña sexa saudable, polo que se centra nos produtos de tempada da súa terra, engadindo "certa poesía" ao que cociña. A miúdo mestura referencias literarias nas súas creacións culinarias. Traballadora, alegre e xenerosa, non dubida en transmitir os seus coñecementos en publicacións editoriais para o gran público.
STAFF DE COCIÑA DO SAN PAU:
Carme Ruscalleda - Fran Sanabria - Jérôme Quilbeuf - Kiyoko Misawa - Naoko Yazawa - Seiki Nakashima - Otger Teixidor - Harold D. Ordóñez - Francesc Danés - Alexandre Miranda - Carlos Thadeu - Albert Morant - Nerea Pellicer - Alberto Torres ,  Marcos Zanon - Alberto Castiñeiras , Pedro da Fonte - Sue Chaves - Thiago Souza - Mohammed Bouchabari e Abdoulie Saho
 O restaurante Sant Pau está situado na  Carrer Nou, 10 |08395 Sant Pol de Mar, un pobo moi preto de Barcelona.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: