11 de nov. de 2011

XOXE MARIA VILA RIBADOMAR PRESENTA O SEU POEMARIO EN CAMBADOS

O poeta e escritor cambadés afincado na Illa de Arousa Xosé Maria Vila Ribadomar, presenta o vindeiro 25 de novembro ás 20.30 horas  en Espoxalnés sito no Paseo da Calzada de Cambados o seu derradeiro libro-poemario, titulado “Fotogramática”,  diremos ademais que o que recaude no libro ira destinado a unha ONG. Xosé Maria xa presentou o seu poemario  fai uns días na vila onde reside na Illa de Arousa, naquela ocasión estivo acompañado polo  escritor e profesor Emilio Insua,  quen fixera unha brillante presentación do libro do cal......
destacou catro aspectos, a primeiro que a poesia de Xosé Maria é unha “poesia de iluminación”, xa o propio nome do libro así o fai costar “Fotos” do grego “luz” e “gramática”, do grego “artes das letras”, a poesia de Xosé Maria, decia Insia, é un “Eu” que mira cara adentro, pretende iluminar, desvelar a propia vida, o segundo aspecto que destacou foi que a poseia do cambadés e a “Poesia dos sentidos”, os cinco sentidos abren o siginificado das cousas que están ocultas na memoria, o terceiro aspecto  remarcado por Insua e a “Incadescencia melancólica” , é unha poseia triste e melosa, “é unha brasa que queima” e o cuarto aspecto destacado por Emilio  é que a poseia de Ribadomar é un “cantar pechado” e unha poesia hermnética  díficil de entender a primeira vista. Sengundo Insua,  Xosé Maria prefiere o “intenso” o “extenso”, usa a prosa poética e prescinde da estrofa tradicioal, violenta a sintase e xoga cas palabras, o noso poeta “Semi di” as cousas, destacou de Xosé Maria que ten o seu propio estilo, por último Emilio lanzaou un órdago a quen o quixo coller e foi que Xosé Maria xa é un poeta con maiusculas e que xa é hora de alguen xunte os seus tres libros e faga un bo volumen, accesible , gozable e admirable.
 Tamén estivo acompañado  polo  ilustrador do libro Saul Otero quen contou a anécdota da portada que pensaron que as letras vermellas ian quedar mais grandes, pero unha cousa e velo no ordenador e outra no libro, destacou de Xosé Maria dicindo  que é un “arquitecto da palabra”, que realmente non sabe quen ilustra a quen neste libro e tamén destacou que a poseia de Xosé Maria ten unha seña particular. Probablmente Xosé Maria estea acompañado por os mesmos intelectuais que estiveron na ILLa de Arousa.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: