Mañá sábado 12 de Novembro a partires das 18.30 horas no Auditorio de Xuventude de Cambados, teremos unha sesión moi completa, unha triloxia dividada en un documental, teatro e dabate. Así as 18.30 horas terá lugar a proxección de “la Tragedia de la Felicidad ” unha proxección do documental biográfico do nobel Albert Camus . A partir das 19 horas a compañía Teatro no Garaxe interpreta varias escenas da obra “Los Justos” de Albert Camus e para rematar ás 19.30 horas mesa debate “Más allá de la Justicia ”, coa participación de Constatino Cordal, Augusto Chaves, Javier Turnes e Rosa Fiel Paz. Nas escenas teatrais participan os actores Isabel Otero, Begoña Iglesias, Juan Tapia, Norma Vázquez, Ademar Silvoso, Araceli Bugallo, Rosa Fiel, Joaquin Costa e Carlos Cambre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario