10 de nov. de 2011

O CRUCEIRO DE TRIANA EN REPARACIÓN

Xa era hora, dende febreiro pasado esta obra arquitectónica, santo e seña do barrio de Fefiñans, Triana, que fora eliminado dun plumazo (e nunca tan ben dito), estaba deixado da man de Deus, estes días unha empresa cambadesa que se adica especialmente a este tipo de restauracións,  está facer traballos no mesmo, esta empresa denominada “Esteo”, e con enderezo social na Pacheca é a encargada da recuperación do cruceiro, os traballos van lentos pero parece ser que polo de agora seguros, a ver se para cando cumpra o seu primeiro aniversario da sua “caida”, o mítico cruceiro de Triana, xa está arreglado. O que nos entra a dúbida é se isto ven a ser unha obra electoralista o realmente estaba previsto para estas datas.

Ningún comentario: