10 de nov. de 2011

“A TI MEU CAMBADOS” CONTESTA O ESCRITO DA ALCALDIA

NON SE DESGOTA LEVAR O ASUNTO POR VIA PENAL CASO DE INCIDIR O ALCALDE NA NEGATIVA.
O administrador deste blog, presentou onte escrito no concello de Cambados contra a negativa do alcalde de impedir un dereito consagrado na Constitución Española, a que tanto abraza o PP, concretamente no seu artigo 20 1 d) cando di: “A......
comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicio destas liberdades. “ e sentencia este artigo a continuación: . O EXERCICIO DESTES DEREITOS NON PODE RESTRINXIRSE MEDIANTE NINGÚN TIPO DE CENSURA PREVIA.
O Administrador deste blog remata o escrito solicitando:
             1º.- Que se corrixa ou se faga novo escrito, acordo, ou resolución no que se faga constar tal e como sinala o artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Reximen Xurídico das Administracións Públicas e de procedemento administrativo común a expresión dos RECURSOS QUE PROCEDEN contra dita acordo, ou resolución, para que este solicitante poida recurrila.
            .-  Namentras que se proceda a conceder autorización provisional o solicitante , en tanto en cando non se tramite o recurso correspondente.
            3º.- E o mais consecuente e normal, que se conceda autorización o solicitante tal e como pideu no seu escrito inicial.

Está claro que o unico que pretende Aragunde é intentar vetar o administrador deste blog e impedir que se informe fehacientemente do que realmente pasa nos plenos. Cando teñen medo por algo, será. En vista da contestación que reciba desta vez pola Alcaldia este administrador non desgota a posibilidade de levar por via penal o asunto e denunciar a quen corresponda no xulgado de garda. Manteremovos informados.

Aqui vos deixamos copai do escrito presentado onte no Concello (Preme nas imaxes para ver o escrito ampliado):






Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: