14 de nov. de 2011

O “I MARATÓN DÁ PULGA” O TRES DE DECEMBRO EN CAMBADOS

O Refuxio de Cambados segue organizando actividades en favor dos animais. Tras a suspensión de parte das actuacións previstas en setembro no chamado “Festival dá Pulga” por causa do mal tempo, Olga Costa, presidenta da entidade, xunto a varios colaboradores presentaron onte o que será o “I Maratón dá Pulga”. 

A iniciativa traerá á vila a artistas de primeiro nivel que virán totalmente gratis, por unha causa xusta: Sumar fondos para o labor da Protectora. Estarán os humoristas Tony Lomba, Manuel Manquiña e Rober Bodegas, que darán inicio aos actos programados o sábado 3 de decembro, na nave de Pena, desde as 19 horas. 

A continuación, durante toda a noite, ata o amencer, sucederanse os diferentes artistas musicais que aceptaron colaborar desinteresadamente. Repetirá Miguel Costas, ex de Sinistro Total, e estarán Xullo Castejón, de Asfalto, o grupo de percusión Batital, o cantautor canario David Armas e grupos locais como 504, Diadermin, Manda Groove, D I ston e Isi Vaamonde.. 
Á mañá seguinte, domingo 4, de reenganche os que aguanten, haberá unha sesión vermú. Pola tarde haberá teatro e unha posterior exhibición canina, ademais de colchóns e inchables para os nenos. Non se cobrará entrada en ningún acto. 
Os fondos pretenden recadarse cos prezos simbólicos postos ás bebidas que se servirán toda a noite en barras habilitadas no recinto, a través de doazóns solidarias nas huchas que haberá instaladas ou mediante a compra de merchandising do Refuxio. 
Olga Costa animou a todos os veciños a participar no maratón benéfico e destacou a implicación dos voluntarios, a quen quixo dedicar a celebración do evento. 
Por certo falando de animales gustarianos saber que pasa coa Canceira Comarcal.
Presentación do festival en video premendo AQUI.
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: