14 de nov. de 2011

RAFAEL LOUZAN , MESTRE DA MANIPULACION

Na páxina de www.cambados.tk publicase estes días a famosa resposta de Louzán a Oscar Pardo Planas e a min chamoume a atención varias cousas  que vou destacar:
Primeira.- A deputación non está a facer un gran esforzo no concello de Cambados, querido amigo Rabiso, senón que está a facer un gran esforzo nunha entidade privada e na cal os que non somos socios non podemos entrar e polo tanto gozar, lembrolle o Rabiso (Louzán) que só van gozar desa obra 399 cambadeses.
Segunda.- Luz e taquigrafos para o convenio según di el asinados, que se publica onde sexa na páxina da Deputación, na do Concello de Cambados ou na do Concello de Ribadumia pero que todos coñezamos en que consiste o  Convenio asinado.
Terceira.- Que orden de prioridades ten Louzán como poilitico, as dos intereses privados ou as do intereses públicos. Porque no se invirte ese millón de euros en sanidade, ensino ou xustiza e non, repito, nunha entidade privada.
Cuarto.- E xa o seu derradeiro paragrafo é a manipulación feita verbo, e dicir, non vin a Oscar , nin personalmente nin no blog que dixera ou escrbira que estivera en contra de que se envirtira en Cambados, nin tampouco eu nin ningún outro cambadés, o que si estamos en contra en se invirte nunha sociedade privada  tendo entidades publicas abandonadas da man de Deus.

De seguido publicamos integramente a carta de Oscar e a resposa integra do inclito de Louzán.: 

3/11/11

Sr Presidente da Deputación,

Nos últimos meses a institución que vostede preside realizou unha importante i
nversión no Concello de Cambados para reformar a sede dunha asociación privada, a asociación "Cultural" de Cambados. Nesa obra finalmente desembolsouse unha cantidade de 1 millón de euros das arcas públicas.

Gustaríame en primeiro lugar amosarlle o meu desacordo e a miña indigación respecto esta acción do seu goberno, que contou co beneplácito do Concello de Cambados e da Xunta, xa que considero que non se pode invertir tal cantidade de cartos de todos (lémbrolle que o orzamento de Cambados é de aproximadamente oito millóns) en beneficio dunha agrupación privada. Resulta aínda máis escandaloso en tempos de crise cando vostede e membros do seu partido político pregonan día si día tamén a necesidade dunha suposta austeridade.

Quixera, ademais, trasladarlle o resultado dunha enquisa que realizamos desde a web Cambados(tk) na que varios cidadáns expoñen ideas sobre onde invertir esa cantidade de cartos para que redunde en beneficio dunha maioría sociail. Pode acceder a este documento na seguinte dirección http://cambadostk.files.wordpress.com/2011/11/resultados1.pdf
e oxalá o tome en consideración en futuras inversións que a institución que vosté preside decida e leve a cabo.
Sen máis, reciba un saúdo de

Óscar Pardo-Planas



11/11/11


Estimado Oscar:

En primeiro lugar agradecer a súa participación neste espazo aberto de intercomunicación cos veciños da provincia.

A Deputación de Pontevedra esta realizar un gran esforzo inversor no concello de Cambados. Un dos proxectos que se está executar nestes momentos é o da reforma integral do edificio da Cultural de Cambados. Este proxecto responde a un convenio de colaboración entre o Concello de Cambados, a Cultural máis a Deputación, convenio no que a Cultural se compromete a por a disposición do concello de Cambados as súas instalacións para a celebración de calquer acto cultural, social, en definitiva público, polo que unha vez rematado, podrase disfrutar por todolos cambadeses.

Entendo que poida estar desconforme co proxecto, e que preferise que se destinasen os fondos noutra orde de preferencias, pero comprendera que os que temos a responsabilidade de decidir valoramos a inversión e custe de oportunidade de cada proxecto, e a reforma da Cultural é unha necesidade que redundara positivamente nos intereses culturais e sociais de todos os veciños.

Aínda de que sorprende que un veciño do municipio se mostre contrario a que a Deputación invirta no seu concello, seguirémolo facendo de acordo as posibilidades que nos permitan os orzamentos, ao igual que o estamos a facer no resto na provincia.

Sen máis, un saúdo.

Rafael Louzán Abal “O Rabiso”
Presidente da Deputación

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: