14 de nov. de 2011

O PP DE CAMBADOS BOTA "BALÓNS FORA" NO ASUNTO DO PARO

O BNG de Cambados ven de denunciar no seu blog que  hai"1.341 parados en Cambados e o concello mira cara outro lado". Segue dicindo o BNG  que hai uns días, dábansenos a  coñecer os contundentes e demoledores datos do paro. Os números poñen de manifesto que en Cambados incrementouse, de xeito esaxerado, a cantidade de traballadores e traballadoras que van incorporándose ás listas do paro. Dos 1.299 parados e paradas pasamos nun mes a 1.341 parados/as actuais; o que supón un incremento de 42 persoas nun......
so mes e mentres o concello olla cara a outro lado.
O BNG pregúntase onde están as políticas de emprego da Xunta de Galiza e do concello de Cambados. O seu presidente, Núñez Feijoo,  prometía rematar co paro en Galiza en 45 días,  pero os números, agora, deixan  ollar claramente a nefasta xestión do PP na Xunta de Galiza e no concello de Cambados. E para mostra, non hai que ver máis a actitude do PP de Cambados diante dunha empresa como Alfageme, imprescindible na nosa comarca, e na que o PP de Cambados prefire ollar para outro lado e non ten a valentía suficiente de recoñecer que, a hora da verdade,  a quen  realmente defende  é ao Conselleiro de Industria e non os postos de traballo da conserveira. Se queres ler  toda a nota do BNG preme AQUI.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: