14 de nov. de 2011

JAZZ DO “BO” NO RIFF

Para inaugurar a programación intermitente de Jazzerz no Rif-Rock nada mellor que unha banda de jazz recomendada e apadriñada polo mestre Paco Charlín: JAZZ STANDARDS WORKSHOP!. 
Un trío formado por Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Rial ó baixo e o espectacular e insuperable Nilrahc Satrop á batería. 
Non vos perdades o vindeiro 18 de novembro a partires das 23.30 horas  a estrea de 'Jazzerz'!!!
Xa hai case un mes que no Rif-Rock levan rompendo a cabeza para dar forma a unha nova historia, trátase de ofrecer máis música en directo, que nos dous últimos anos case sempre se centraban no verán, ......
e que sexa dun xeito máis cómodo, tanto para eles, como para os veciños (a nivel ruídos, etc), e se nun principio pensában en concentralo todo nunha programación antes de Nadal, finalmente pensaron que co duro e longo que vai ser este inverno era moito mellor dispersalos ó longo de varios meses con maior facilidade para os músicos e máis marxe de planificación para o Riff Así naceu JAZZERZ, que serán unha serie de concertos (prometen que con maior frecuencia que agora) básicamente de jazz e blues, e con formatos máis acústicos que o habitual destes últimos tempos, o que non quita que de vez en cando fagamos algunha das deles… 

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: