14 de nov. de 2011

RASTRERA E INHUMANA ACTITUDE DUN ALCALDE DO PP

O inhumano alcalde de Curtis 
Non sei quen foi o que puxo unha gaivota no símbolo do PP pre venlle como anel o dedo.  O Alcalde de Curtis e unha desas gaivotas digna de desaparecer do mapa politico do noso pais. Morre un concelleiro do BNG e o alcalde dificulta o relevo,  e ainda por riba tivo a indecencia de NON GARDAR un minuto de silencio polo concelleiro falecido, pódese ser máis rastrero. “Cando lle fun preguntar, a resposta foi que sabía que morrera Carlos (concelleiro do BNG) pero que non tiña ningún documento que llo acreditara e que polo tanto non ía facer nada”, denuncia o número dous do bloque en Curtis. .Xoán Carlos Seoane, único concelleiro do BNG......

en Curtis, faleceu o 28 de outubro. Máis de 12 días despois, o alcalde, Javier Caínzos, segue sen tramitar a renovación do seu posto no pleno do Concello.O alcalde convocou  o pleno para aprobar os orzamentos do próximo ano. Non había ningún representante do Bloque para fiscalizar as contas. O rexidor alega que a fronte presentou a documentación fóra de prazo.

Unha escusa que desminte Xosé Manuel Tomé, o número dous na lista nacionalista. Tomé acusa a Caínzos de “non tramitar a renovación” malia ter metido os papeis no rexistro de Curtis este luns.


"Persoa indigna"


“Cando lle fun preguntar, a resposta foi que sabía que morrera Carlos pero que non tiña ningún documento que llo acreditara e que polo tanto non ía facer nada”, protesta o próximo concelleiro. Para Seoane o comportamento do alcalde é propio dunha “persoa indigna”.



O certo é que o PP goberna Curtis cunha confortábel maioría e a presencia da oposición non lle impediría aprovar de todos os xeitos os orzamentos. Se non hai motivo político, cal é a razón do alcalde para, valéndose dos trámites do 'papeleo', secuestrar a representación de miles de veciños que votaron ao Bloque?



Nin un minuto de silencio


“Pódelle a súa prepotencia”, responde Tomé. Como exemplo da suposta falta de saber estar do alcalde conservador apunta que o Pleno de hoxe non gardou un minuto de silencio pola morte do representante do Bloque. A única mención que fixo ao defunto o alcalde, segundo o nacionalista, foi para criticar o “capricho” do político morto sobre unha opinión en política local do falecido.

Ante o agravio, o BNG local organizou unha concentración silenciosa esta tarde ás portas do Concello.

Os nacionalistas temen que o alcalde bote até catro meses para aprobar a renovación da praza vacante por defunción. Os plenos son cada dous meses. O edil pode perfectamente dar de baixa ao político morto no próximo e non aprobar o nomeamento de Caínzos até o seguinte pleno, xa na primavera.




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: