1 de nov. de 2011

"ONDE VAI O NOSO ORGULLO", UN ARTIGO DE MARTIN COBAS.

Nestas datas pasadas, quedamos abraiados coas bocas abertas, sen dar moito creto o que estamos a ver e oir na prensa en xeral. Semella que estamos asistindo e vendo un cuclebrón dalgunha teleserie famosa sudamericana  que ainda pululan por algunha cadea de televisión. Por suposto a ficción das devanditas teleseries  non superan para nada a realidade bancaria que temos no noso pais: Galiza.
Estamos vendo en tempo real e como sin dun partido de futbol se tratará a media ducia de......
excéntricos executivos, sinvergoñas, caraduras, ladróns, expoliando sen ningunha clase de escrúpulos os aforros  que con moito sudor e bágoas, a maior parte dos galegos e galegas como emxambre de abellas , fumos depositando nas nosas entidades bancarias de confianza.
O inútil presidente do noso pais, Alberto Nuñez Feijoo, hai un par de meses enchia o fol do seu podrido peito de autentica chuleria barata, algo moi común no entorno mediático do PP, dicindo que a fusión das nosas caixas ia por moi bo camiño, que iamos a ser  con esta fusión a quinta entidade bancaria  dos españois, que o actual goberno galego pilotaba  con moito orgullo esta xuntanza. Resulta que agora de capital galego no novo banco non hai nin para pagar  a pouca obra social e encher de contido os edificios e inmobles que para tal motivo foron feitos e pouco que hai xa está destinado e asinado ás incribles e voluminosas  xubilacións dunha élite prbilexiada de amigos dos gobernantes actuais que  arrastran a Galiza a quebra e bancarrota total.
Namentres nós, os paisaniños da pe que por desgraza non poidemos pagar as nosas hipotecas quédanse coas nosas propiedades que no las recollen, claro, esas mesmas entidades a metade de prezo sen deixar  de pagar relixiosamente as letras mensuais do que xa non é teu.
Cada ún de tantos de nós, pasa a súa puñetera vida traballando de sol a sol, nas máis precarias condiccións laborais, con salarios, que no mellor dos casos non superan os 800 €, traballando moitas veces máis de dez horas diarias , ou as que cadren, sen seguro e ningunha clase de cobertura social, cotizando a seguridade social cuarenta ou máis anos, e se eres autonomo a tua paga de xubilación non chega os 700 euros.
E o impresentable do noso presidente Feijoo, agora non sabe nada, o home non ten comptencias, cando na anterior lexislatura “os do Bloque” dixéronlle que urxia facer unha lei de caixas de aforro, dixeronlle tamén que o noso estatuto  vixente non valia para nada estaba caduco e trasnoitado, que polo menos había que equiparalo o vasco ou o catalán, claro e agora o moi ínutil non ten competencias. Por que él eo seu partido son uns auténticos incompetentes.
Gobernan a maioria dos concellos e institucións do país para  medrar economicamente  eles e os seus amigos, dándolle as frangullas  que caen das súas opulentes e cheas mesas os lacaios,botarates e pelotilleros simpatizantes , que sen ningunha clase de lóxica e criterio, vanlle enchendo as urnas lexislatura tras lexislatura.
Onde vai aquel antigo paisano galego loitador, astuto, traballador, amande da súa terra , da súa fala, da súa cultura e tradiccións. Morrendo vai pouco a pouco aplastado pola verborrera barata dos señores feudais metidos a políticos de pouca monta que nos gobernan.
Onde vai o noso orgullo de galegos vixiantes sempre dos raposos e alimañas disfrazados de gobernantes , frades e abades que anulan cos seus sermóns e falsas salvacións os nosos sinais de identidade, agora mais que nunca está vixente o poema de Cabanillas “Acción Galega”.
¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!

¡Desde Ortegal ó Miño

a folla do fouciño

fagamos rebrillar! 

Que vexa a vila podre,

coveira da canalla,

a aldea que traballa

disposta pra loitar. 



Antes de ser escravos,

¡irmáns, irmáns galegos!

que corra o sangue a regos

desde a montaña ó mar. 



¡Ergámonos sen medo!

¡Que o lume da toxeira

envolva na fogueira

o pazo señorial!



Xa o fato de caciques

ladróns e herexes fuxe

ó redentor empuxe

da alma nacionall!



Antes de ser escravos,

¡irmáns, irmáns galegos!

que corra o sangue a regos

desde a montaña ó val.



UN ARTIGO DO NOSO COLABORADOR "MARTIN COBAS" XUGLAR DESTE SECULO



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Irmandiño dixo...

Sobre los que se repartieron millones tras la fisión de las "caixas", me recuerda uno que escribió hace mas de 150 años:
"El dinero es como el água del mar,cuanto mas bebas mas sed se tiene"

Arthur Schopenhauer