28 de nov. de 2011

UN MONOLOGUISTA DOS GRANDES EN CAMBADOS: MANUEL MANQUIÑA

O vindeiro xoves 1 de Decembro ás 23 horas  no Pub Pilón de Cambados  actuación dun actor coma a copa dun pino e ademais un dos grandes monologuistas do noso país (Galicia). Podes adquirir entradas no propio Pub en venta anticipada  por 5 € ou o mesmo día por 6 €.
Manuel Juan Francisco do Cristo da Vitoria Prieto Comesaña, coñecido artisticamente como Manuel Manquiña, é un actorgalego  nacido en Vigo, en 1953. A súa andaina no mundo da interpretación empeza nos anos 1980.
Comezou a súa carreira en programas humorísticos da Televisión de Galicia e en varias películas dirixidas por directores galegos como Antonio Branco e Xavier Villaverde. Saltou á fama polo seu papel na


película de 1997 de Juanma Baixo Ulloa Airbag, que lle valeu un nomeamento ao premio Goya ao mellor actor revelación. Posteriormente apareceu no éxito de taquillaTorrente, o brazo bobo da lei.

Con máis de 30 películas no seu currículo, o vigués Manuel Manquiña interveu nalgúns dos títulos máis destacados do cine español dos últimos anos, actividade que compaxinou coa interpretación e a dirección teatral (Heroes, Historias de Peto, escritas tamén polo actor) e a televisión (Moncloa dígame, Manolito Gafotas, Manolo e Benito Corporeision...).
Ademais protagonizou monólogos de humor e participou e cantado en xiras de Sinistro Total e o programa infantil Xabarín Club.
Mais datos sobre Manuel Manquiña premendo AQUI .
Doutra banda o venres 2 de Decembro o Pub Friends de Cambados, está de aniversario e prepara unha grande festa que se lle vai chamar Festa Cutty Sark con agasallos  e mais sorpresas coas suas  copas.




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: