Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG ven de presentar no Concello unha interesante MOCIÓN SOBRE A ANULACIÓN DA TARXETA SANITARIA ÁS PERSOAS DESEMPREGADAS E PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS, segundo nos acaba de facer saber no blog do BNG de Cambados.
Victor explica na moción que o día 9 de setembro de 2011 a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza publicou no Diario Oficial unha orde na que regula o dereito de......
acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes e para as persoas desempregadas. Posteriormente remitiu aos centros de saúde un Protocolo de traballo para a posta en marcha da devandita Orde. Neste protocolo indícase: “Dende a entrada en vigor da Orde as persoas sen recursos que soliciten teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante á solicitude dunha atención urxente é necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa "PRIVADO", previa busca do cidadán na aplicación, sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen, escribindo a man (mentres non estea preparado o modelo na aplicación) o seguinte texto: Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia.”

Caamaño seguia o seu rezonamento dicindo que segundo se indica no texto literal reproducido, as persoas afectadas só teñen dereito, previo compromiso de pago, á atención de urxencias e emerxencias, é dicir , perden o dereito á sanidade pública universal, fican sen médico/a de cabeceira, sen probas diagnósticas nin especialistas, non teñen, en definitiva, asistencia sanitaria completa. Estas persoas quedan tamén sen a asistencia farmacéutica até que volvan a ter todos os papeis en regra para volver estar de alta.
O portavoz nacionalista afirmaba ademais que o proceso de clasificación das persoas afectadas nunha nova categoría non pode conlevar a desactivación dos seus dereitos sanitarios e menos sen recibir información por parte do Goberno galego do que está a suceder.
Razonaba ademais Victor decindo que todas as persoas afectadas terán a obriga de solicitar unha tarxeta de persoas sen recursos mais esa solicitude pode tardar en aprobarse entre oito e dez meses, polo que durante todo ese tempo permanecerán sen asistencia gratuíta
Calficaba Caamaño Rivas esta orde de inxustificada, é inhumana e desoladora, xa que vulnera os dereitos básicos da cidadanía e rompe os principios de universalidade e equidade da Sanidade Pública. O goberno do PP na Xunta de Galiza está a levar adiante unha serie de medidas que pretenden a privatización e o desmantelamento da sanidade pública no noso país como demostra a redución de persoal sanitario mediante a non cobertura de baixas e xubilacións, a redución de consultas e actividade nos quirófanos na quenda de tarde, o incremento dos concertos privados, a entrada de capital privado no financiamento dos novos hospitais ou o recorte de 237 millóns de euros no orzamento da sanidade pública.
Remataba o escrito solicitando o Alcalde de Cambados que
Inste á Xunta de Galiza a:
1. Retirar de xeito inmediato o Protocolo que desenvolve a Orde de 5 de setembro de 2011 publicada no DOG do 9 de setembro.
2. Restituír todos os dereitos das persoas que foron prexudicadas polo mencionado Protocolo reactivando as tarxetas anuladas.
3. Evitar que os cambios burocráticos que se deban realizar repercutan no exercicio dos dereitos sanitarios da poboación galega.
Coma sempre de seguro que o noso Alcalde vai dicir “Insto non é competencia do pleno” e tan previsible como un neno.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario