28 de nov. de 2011

LUIS ARAGUNDE CAMBIASE O RIOXA EN DETRIMENTO DO ALBARIÑO

Intre no que Luisiño é nomeado
confrade.

O Alcalde Luis Aragunde, trocabanderas donde os haixa, o fin de semán pasado pegouse unhas minivacacións “de jratis” a conta de todos os cambadeses aparte de poñerse as botas comendo e bebendo nas terras rioxanas e  tamén prestou fidelidade a este xuramento «Prometedes respectar o viño de Rioxa, bebelo con asiduidade (...) honralo na vosa mesa (...) propagándoo polo ancho mundo» tralo nomeamento como membro de mérito da Confraria do Viño de Rioxa. O que non sabemos é como vai facer o noso Alcalde para “estar a dieta”, beber albariño e beber Rioxa ou ten un dietista moi bo ou vainas pasar canutas.

Luis "puxose as botas" na Rioxa.
Celebrábase o 50 Gran Capítulo da Confraría, creada en 1984 e que conta con case medio milleiro de confrades repartidos por todo estado español e Europa. E tal efeméride non podía celebrarse sen un gran e solemne acto. Tras un desfile por toda a cidade precedidos polos danzantes e dulzaineros, os membros da Confraría accederon ao Auditorio municipal. Con eles marchaban representantes doutra vintena de confrarías gastronómicas de España, Francia e Portugal: a do queixo Idiazábal, a do chocolate de Bilbao, a da morcilla de Burgos, a do aceite de Baena, a do espárrago de Navarra, a da faba de Tolosa ou as dos viños de Ribeira de Douro, Cangas del Narcea ou o Albariño. En total, unhas 300 persoas.
Cada un, ataviado co seu toga, capa ou distintivo, no caso dos confrades do Viño de Rioxa, a toga de veludo de cor veu, cubrecabezas do mesmo ton, con manguitos e esclavina negros con pasamanería, e un cordón do que colga o medallón tradicional.
Tras unhas palabras de benvida do concelleiro Pedro Sáez Vermello, o Gran Maestre da Confraría, Javier Graza, destacou que a de onte era unha xornada «de homenaxe a quen difundimos os nosos produtos por España, creando á vez unha rede de amizade». Esa amizade plasmouse no nomeamento de seis confrades de mérito entre as demais confrarías presentes. En nome de todos, o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, afirmou que a defensa do viño de Rioxa «seranos moi fácil», dada a súa calidade.
Logo chegou a quenda dos sete novos confrades de número, que recibiron tamén os seus distintivos e o tradicional e simpático 'cepazo' a modo de nomeamento de cabaleiros medievais. O acto concluíu coa exaltación do viño de Rioxa a cargo dun deles, Fernando Rivero, que recordou o poema ao viño de Borges.
NOVOS CONFRADES
De Mérito. Luís Aragunde, alcalde de Cambados; Imelda Ribón, da Confraría de Ribeira de Douro; Francisco José Jiménez, de Amigos da Oliveira de Baena; María Luisa Llavona, da Confraría Gontrodo, integrada só por mulleres; Raúl Teimil, confrade maior do viño de Cangas de Narcea e Garbiñe Badiola, escritora culinaria vinculada á Confraría do chocolate de Bilbao.
Confrades de Mérito.
O mais curioso do nomeamento de mérito e que poderán ser nomeados pola Xunta Directiva Socios de Mérito que poderán denominarse igualmente como Confrades de Mérito, aquelas persoas que polo seu recoñecido prestixio profesional dean notable testemuño da súa ostensible preferencia polo viño de Rioxa, defendéndoo e promocionándoo desde os seus respectivos estamentos. E que nos saibamos ate o de agura o único viño que defendeu o noso alcalde foi o Albariño como corresponde.
En representación dos caldos galegos acudiu o chanceller do Capítulo, o ínclito Pedro Piñeiro, acompañado polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde. Xuntos oficiaron a cerimonia xunto ao presidente da confraría rioxana, Javier Graza Leiría, seguindo o protocolo habitual en actos de confraternización deste tipo.
O final estas Confrarias non son mais que reminiscencias franquistas doutros tempos e para único que valen é para encher as suas gordas e lirondas barrigas e ponerse de viño ate as cellas, a toda a conta dos cidadáns os que nos mandan e obrigan a  apretar o cinto.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: