21 de nov. de 2011

VOTARON OS SEUS VERDUGOS.TOCA FACER BALANCE

Decia con moi bo criterio un amigo  do Facebook ,””non hai mal que por bén non veña. A maioría absoluta do PP inspiroume: "Os galegos, cando mexan por nós xa non dicimos que chove, senón que, cantamos debaixo da choiva."”” E ten toda a razón e como di o titular votamos os nosos verdugos, a xente non  sabe a que lle ven encima e sobre todo a eses miles de traballadores e traballadores que confian nun pardido de ideoloxia cuasi fascista e liberal que o unico que lle interesa e facerse ricos, defender as grandes empresas e manipular dende......
a súa caverna mediatica, entre outras cousas,  fai xa moitos anos deciase aquilo de “hai algo mais tonto que un obrero vote a un partido de dereitas”

Pois si hai algo mais tonto,  que ese obrero pense que o PP é a solución. De todas formas decirlle os que votaron PP que non hai traballo para todos no Concello de Cambados. Dicia outro amigo no facebook que no programa especial de onte sobre as eleccións xerais na Televisión de Galicia, estaba entre outros tertulianos e analistas, Xosé Carlos Caneiro. Todos eles deron a sua visión e analise sobre os resultados menos o señor Caneiro que se limitou a afirmar (ata en 6 ocasións!!!) o feliz e orgulloso que estaba de que un "galego" fóra a ser presidente do Goberno de España. Chegou a dicir incluso que todos os galegos deberiamos sentir esa ledicia que el sentia. 

Decirlle a este “Carneiro” que moitos galegos xa sentimos “esa ledidica” cando en Madrid goberna un tal Franco desgrazadamente tamén galego como este, abó politico de Mariano Rajoy, represor de liberdades, fundador da emigración e asesino de xente que non comulgaba coas suas ideas, iso e que nos espera a lo menos durante catro anos. Por certo habia que decirlle tamén o “Carneiro” que non só se é galego por nacer en Galicia hai que sentir e falar en galego.

Pero tamén é hora de facer autocritica eu coido que máis que enguedellarnos na enésima refundación e crise de identidade, haberá que mirar por que a sociedade non nos ve como o que realmente somos, que falla na nosa proxección pública, máis que nas ideas e políticas que defendemos, que paréceme segue sendo válida. Dicia Guillerme Vázquez onte que contra vento e marea, podemos dicer que obtivemos un “magnífico resultado” que evidencia a nosa recuperación. Hai confianza no BNG. Superamos o test con éxito grazas ao traballo entusiasta dos militantes e grazas á confianza da cidadanía”. Celebramos os resultados porque “Galiza seguirá a ter presenza nas Cortes. A partir de mañá seguiremos a traballar”. Sinto desentir destas verbas de Guillerme Vázquez sobre todo no de “magnifico resultado” eu diria sen mais que ca que está a caer dentro e fóra do BNG  “Salvamos os mobles”. 


E verdade como di o Encontro Irmandiño que cunha cunha baixada de perto de 30.000 votos, fosemos incapaces de recoller a sangría que o PSOE tivo pola esquerda e que foron a engrosar os números de Izquierda Unida que duplica a súa forza electoral na Galiza, mentres o nacionalismo, en teoría mellor preparado para recollelos, fica cunha perda de votos significativa polas diversas circunstancias, tampouco é menos certo que a maioria dos partidos tamén perderon votos nestas eleccións incluido o propio PP, pero ise non debe ser o noso consolo. Estou dacordo pola contra no que dixo Guillerme onte “de que a partir de mañan temos que poñernos a traballar”. ´E certo que temonos que poñer man a obra  para que está fronte volva a ser a que foi, volva a recuperar votos, volva a ter mais confianza na ciudadania, por iso  e moi importante, eu diria que vital o congreso do vindeiro xaneiro non sei se de refundación do  BNG, do nacemento dun novo BNG, outra traballar todos xuntos dentro do que estamos,  ou do que sexa, pero vai ser vital para as nosas aspiracións.  Fica moito por traballar, hai moito que reflexionar, pero se non o facemos unidos esto como dicimos en Cambados “vaise polo mar abaixo”. 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: