19 de nov. de 2011

O BNG DE CAMBADOS CALIFICA A XUNTA ELECTORAL DE “PATERNALISTA” CO PP E “QUE NON QUERE FACER NADA”

LUIS ARAGUNDE NOMEADO POLA PRENSA ESPAÑOLA “INFRACTOR DA LEI MAYOR DEL REINO”
Lemos no blog do BNG unha unha nova que nos chama a atención porque descalifica , ó meu criterio xustificadamente, a Xunta Electoral de Zona de Cambados calificandoa de ter unha “actitude paternalista” co PP e manifestar ademais que esta Xunta “non quere facer nada” para impedir que os gobernantes do PP incumpran a Lei, polo interesante da nota
reproducimola integramente:
"""O BNG presentou este venres unha reclamación ante a Xunta Electoral de Zona pola visita que o alcalde de Cambados ,Luís Aragunde (PP), realizou este xoves a unhas obras nesta localidade, e reclama unha ''sanción exemplar'' para o rexedor por, segundo manifestou, vulnerar ''reiteradamente a prohibición de realizar actos de inauguración ou visitas institucionais no período electoral''. 



Nun escrito presentado ante a Xunta Electoral de Zona de Cambados, o responsable comarcal do BNG no Salnés, Xoán Allegue, denuncia que o xoves 17, Aragunde realizou unha visita a unhas obras de construción de beirarrúas na parroquia cambadesa de Oubiña, ''en calidade de alcalde de Cambados'', cando a lexislación ''prohibe calquera inauguración de obras ou servizos públicos''. 
Segundo recordou o BNG nun comunicado, ''fai uns días a xunta electoral de zona daba a razón aos nacionalistas por este tipo de actuacións'', despois de que o BNG denunciase ante a Xunta Electoral a visita que Aragunde e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, realizaran ás obras da Sociedade Cultural de Cambados. 
A Xunta Electoral de Zona afirmou entón, segundo recolleu o BNG, que dita visita constituía unha actividade ''prohibida'' durante o período electoral, ''por tratarse dunha actividade financiada por un poder público que contén alusións aos logros obtidos polo mesmo''. Por iso procedeu a requirir á Xunta que se absteña de realizar actos do tipo do denunciado e prohibidos pola normativa legal''. 
''DESPREZO POLA DEMOCRACIA'' 
Nun comunicado, Allegue, Secretario Comarcal do BNG,  acusou ao PP de ''utilizar os recursos de todos con fins propagandísticos'', e acusou a este partido de ''mostrar un total desprezo pola democracia e polas resolucións dos órganos que regulan a actividade'' con ''comportamentos que non son de recibo nuns representantes públicos''. 
Ante esta situación, o BNG reclama a imposición dunha ''sanción exemplar'' para os ''infractores reiterativos'', no que considera un ''exemplo'' dos que os representantes do PP ''entenden por política: a utilización das institucións en actos propagandísticos e o desprezo polas resolucións da Xunta Electoral''. 
Por iso, na reclamación presentada, esta formación solicita que se requira de novo'' ao Concello de Cambados que cese en ''a realización de actos de inauguración e visitas durante o período electoral'', á vez que tamén solicita a incoación do "oportuno expediente sancionador, xa que a ''transparencia e neutralidade'' dos poderes públicos en campaña viuse ''perturbada'' pola inauguración denunciada. 
Por outra banda, Allegue tamén critica a ''actitude paternalista'' da propia Xunta de Zona, que, na súa opinión, conduce a que ''xente sen escrúpulos e valores morais incumpra intencionadamente a lei'', xa que este organismo ''non quere facer nada para impedilo''"".

Luis Aragunde quedou perante os ollos de todo estado español como un infractor da Lei asi o reflexan medios como
E para acabar de rematala, hoxe, en pleno día de reflexión, o alcalde Luis Aragunde e o presidente da Deputación o impresentable Sr. Louzán, acudian a comida de socios da Cooperativa Hortumia. Nin no dia de reflexión son capaces de desculpar asistencia estous dous SINVERGUENZAS (léase como sinónimo de pícaros).

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: