Onte no Mitin do PP, onde se traen autobuses de fora cargados de xente e depois danlle de cear en calqueira restaurante ou furancho da zona, fixeron acto de presenza as mulleres de Alfageme, para reclamar o que lle prometera a Xunta que non era nin mais nin menos que manter os seus postos de traballo, pero cobardes eles algúns dos protagonistas marcharonse por outra porta e outros “abrigados” polos enfervecidos “hooligans” que teñan para estas cousas fixerono pola porta principal. A representante das traballadoras dixo textualmente “Son uns cobardes e non deron a cara. Deben ter algo que ocultar”. Cobardes como Louzan,......
José luis Rivera Mallo, José Juan Duran, Luis Aragunde, Touris, Alfonso Rueda, Ana Pastor non quixeron recibir as traballadoras de Alfageme, e estos individuos son os que nos gobernan en Galicia e os que van gobernar no estado español: “Deus nos colla confesados”, como diria un católico.
A todo isto onte por certo unha lexión de traballadores do concello, os mais afectos o rexime, estiveron traballando para o partido e horas laborables, repartindo votos, propaganda etc, e logo a tarde todo dios a traballar na de Peña onde se estreaba a pelicula “Un puñado de cobardes”. .
Por certo o impresentable de Luisiño, infractor de lei segundo a partenal Xunta Electoral de Zona de Cambados, dixo que imos ter un presidente de goberno que é cabaleiro do Albariño, que non lle vaia a pasar como o presidente do goberno mallorquin Jaume Mata que tamén e cabaleiro, que acabou cos seus osos no xulgado por presunta corrupción.
Por certo a ver se a prensa lle da publicidade a todos os mitins e non só os do PP.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario