O pasado 8 de novembro foi publicado no Diario Oficial de Galicia Nº 213 o Decreto 209/2011 de data 27 de outubro polo que se establezan as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas Fundacións Públicas sanitarias. Os prezos públicos fixados neste decreto serán considerados como tarifas de reembolso para os efectos da aplicación de instrumentos comunitarios en materia de......
reembolso de gastos de asistencia sanitaria transfronteiriza, mentres non se establezan tarifas de reembolso a nivel estatal.
reembolso de gastos de asistencia sanitaria transfronteiriza, mentres non se establezan tarifas de reembolso a nivel estatal.
O mais chamativo e a sua Disposición adicional única que di:
De acordo co establecido nos números 4, 5, 10 e 11 do artigo 15 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, poderá establecerse un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por estes como consecuencia do uso irresponsable das prestacións asistenciais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Disposición derrogatoria.
A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública critica esta medida e sinala:
1.- Un paso máis na estratexia solapada de introducir o copago na sanidade pública que xa comezou co pago polo acceso ao cartón sanitario, que agora se traslada a algo moito máis transcendental como é o pago por asistencia sanitaria
2.- Esta decisión vulnera a Lei Xeral de Sanidade que garante o carácter universal e gratuíto da asistencia sanitaria dos cidadáns galegos (a sanidade non é gratuíta por que a financiamos cos nosos impostos),
3.- É absolutamente demagóxico e irracional o recorrer ao concepto de uso irresponsable dos recursos cuxa amplitude e ambigüidade faio imposible de determinar. O Decreto non establece tampouco os criterios para o mesmo nin quen xulgará a irresponsabilidade. Habería que recordar a dificultade de introducir estes conceptos na atención sanitaria xa que é dabondo con coñecido que tan só o 30% das solicitudes de probas diagnósticas dos medicos (galegos, españois ou a nivel internacional) están baseadas en criterios científicamente comprobados (é isto irresponsable?)
Desde a AGDSP advertimos a toda a cidadanía galega que o Goberno de Núñez Feijoo continúa coa súa política de privatizar a sanidade pública galega, utilizando todos os medios ao seu alcance e esixímoslle a retirada inmediata da disposición.
Podes ler o decreto completo premendo AQUÍ.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario