18 de nov. de 2011

LOUZAN, ARAGUNDE E ROSA OUBIÑA VISITAN A PELEA DESPOIS DE SER DENUNCIADO PARA SOLIDARIZARSE CON EL

Preme na foto para vela ampliada.
Contabamos o outro dia neste propio espazo e citando unha nova de axencias a denuncia presentada contra Benito Pelea por parte de Agamar e non pasou nin un só dia para que os seus amigos Rafael Louzán, Luis Aragunde e Rosa Oubiña visitaran ó propio Pelea na Confraria de Pescadores de Cambados, e como proba ahí tedes a fotografia realizada na propia confraria, por certo non devigar de onde a saquei, pois foime facilitada polo propio Louzán dende o seu facebook.  Di un dito moi popular: “Cando vexas as barbas do teu veciño......
cortar, pon as tuas a remollar”. O mellor non faltara moito en que os seus amigos se vexan nunha situación parecida ou similar . O periódico “El Pais”  tamén se fixo eco da nova tanto na súa edición dixital como na impresa , os unicos que non se fixeron eco foron os periodicos de Arousa, o parecer segundo os seus directores ou redactores xefes a nova non debe ser tan importante como para puplicar. ¡Ai señor, señor!, se esta non é unha nova importante, cal será para para os directores e redactores xefes da prensa arousán.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: