4 de dec. de 2011

ARTE NA PEDRA NUN LUGAR DE DEROCHE E CORRUPCIÓN

A primeira gran exposición que chegará ás salas do  edificio de Gaiás será a mostra «Gallaecia Pétrea». Trátase, segundo deu a coñecer o departamento de Cultura da Xunta, dun proxecto que busca pór de relevo a importancia da pedra en Galicia a través da súa historia, establecendo unha conexión directa entre este material e a esfera artística. Por agora, son moitos os detalles que se descoñecen......
desta mostra que previsiblemente chegará á Cidade da Cultura a finais de marzo, aínda que se sabe que nela se incluirán pezas de artistas da terra (caso de esculturas dos cambadeses  Manolo Paz ,  Leiro ou Asorey) e tamén referencias a símbolos galegos ligados a este elemento, como o Pórtico da Gloria ou os petróglifos localizados en Campo Lameiro, con 4.000 anos de antigüidade. Paralelamente, porase en marcha un programa de actividades destinadas ao público máis novo. 

Máis aló desta mostra, o Museo de Galicia apostará pola variedade a nivel disciplinar, con proxectos temporais que permanecerán nas salas entre 4 e 6 meses e que nalgúns casos poderán chegar a converterse en exposicións de carácter permanente.

Ata aquí a nova o malo é o lugar non que se fai un lugar onde probablmente anidou a corrupción e  sen dúbida ningunha o derroche que en vez de influir negativamente no PP nos comiciós pasados foi o revés o pobo galego aprobou a corrupción nas urnas. Un xa non sabe que pensar.

        

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: