13 de dec. de 2011

A CAMARA DE COMERCIO DE VILAGARCIA TERÁ NOVAMENTE UN CAMBADES A FRONTE. PARA QUE SIRVEN AS CÁMARAS?

Miguel Falcón e Carlos Oubiña

O cambadés Miguel Falcón Noya copropietario de Gráficas Salnés será o novo presidente do organismo cameral vilagarciano, Miguel comenzou moi xoven nesto das artes gráficas pouco despois de ser o fundador da O.J.E. en Cambados, unha organización xuvenil franquista (que tamén estivo vixente no postfranquismo), na actualidade é un home claramente vinculado o PP. Miguel vai sustituir o empresario vilagarciano da construcción Carlos Oubiña, que xa leva dúas
etapas completas como máximo responsable cameral, estivo a punto de non presentar candidatura á presidencia na constitución da nova corporación na primavera de 2010, pero os seus compañeiros de equipo na entidade convencéronlle para que continuase, polo menos un tempo máis, home tamén vinculado o PP. Este organismo que algún tachan de caduco e trasnoitado é un verdadeiro viveiro para o PP. Este organismo xa estivera presidido fai uns anos por outro cambádes Pepiño Vilas , tamén vinculado o PP e quen precisamente lle deu o relevo a Carlos Oubiña.
Pepiño Vilas deulle o relevo a Carlos Oubiña.
SERVEN PARA ALGO AS CÁMARAS DE COMERCIO?
Tras unha reconversión de máis de sete anos e moitas dúbidas sobre a súa constitucionalidade, as Cámaras de Comercio convertéronse en grandes centros prestadores de servizos para as empresas. Hai 85 en España e as súas grandes bazas son o apoio á exportación e a formación.

A Lei de Cámaras de Comercio obriga cada autónomo e empresario a pagar unha cota anual vinculada ao seu IAE (Imposto de Actividades Económicas). Dous terzos do diñeiro recadado destínanse a promover o comercio exterior, e o terzo restante a formación de traballadores. Os novos servizos das Cámaras xeraron un novo modelo de financiamento, as axudas e programas públicos nacionais ou europeos.
Non obstante, a maioría pagan a cambio de nada, tal como recoñecen algunhas Cámaras nas súas webs.
A liquidación ten carácter tributario, non se ingresa como contrapartida de ningún servizo, non obstante, a Cámara está ao servizo das empresas.
A oposición ao pagamento de cotas obrigatorias ás Cámaras de Comercio segue en aumento e, nalgúns campos, tende a xeneralizarse. Non é de estrañar que a maior parte das federacións de autónomos insistan na necesidade de rexeitar as devanditas cotas obrigatorias. Os autónomos xa teñen bastantes cargas por que soportar máis pagamentos a entidades que non lles achegan nada. En realidade, nin a eles nin a miles de pemes que non exportan nin utilizan os seus servizos de formación porque preferin os que ofrecen outras asociacións e empresas especializadas.
A única saída a este conflito tan absurdo é a voluntariedade, porque todos -agás os poucos que se benefician delas- preguntanse para que serven as cámaras de comercio.

          

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: