7 de dec. de 2011

CAMBADOS SERA INICIO DUNHA ETAPA CONTRA RELOXO NA VOLTA A ESPAÑA 2012

Tres etapas da Volta a España 2012 pasarán pola provincia de Pontevedra. A Volta Ciclista a España regresará a Galicia en 2012 con polo menos tres etapas que discorrerán pola provincia de Pontevedra, segundo anunciou  hoxe o presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado polos alcaldes de Cambados, Ponteareas, Sanxenxo e Vilagarcía. 
Louzán precisou en rolda de prensa que a caravana da Volta.....
disputará tres etapas (28, 29 e 30 de agosto) na provincia, incluída unha contrarreloxo con saída en Cambados e probable final en Pontevedra. Outra etapa sairá de Vilagarcía e unha terceira finalizará en Sanxenxo. 
O percorrido das probas atravesará as comarcas de Val Miñor, Salnés e O Morrazo, e previsiblemente continuará despois na provincia da Coruña. 
Louzán explicou que a Deputación chegou en datas recentes a un acordo coa empresa organizadora da volta, Unipublic, pero non precisou a canto ascende a achega do ente provincial. 
A presentación oficial da Volta celebrarase en Pamplona o próximo 11 de xaneiro.

Ainda sen saber a cantidade total a que ascende o pago que vai facer a Deputación provincial co cartos de todos nos ,a min coa que está caindo pareceme inmoral. Recortase en educación, recortase en sanidade, Esperanza Salnés está a punto de pechar, Non hai carta poara unha canceira comarcal, non hai cartos para nada e si hai cartos para ver a pasar  a catro ciclistas trinta segundos, parecemen inmoral o que fan cos nosos cartos.
Fotos: Xaime Pillado.          
A nova en As preme AQUI.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: