Benito Fernández, da coñecida Florería Hedra de Santo Tomé, visitou o programa A Solaina da Televisión de Galicia no día de onte. Fíxoo para presentar un centro de mesa para Nadal creado con produtos naturais de tempada (o produto principal é a agulla de piñeiro).A finais desta semana escollerase cos votos dos espectadores un centro entre varios presentados,
que permanecerá no programa durante estas vacacións de Nadal. A Florería Hedra é coñecida polo seu bo traballo e orixinalidade, tendo gañado premios en certames do sector (por exemplo en varias ocasións na Semana Verde de Silleda, Benito fíxose co premio ao mellor ramo de noiva). Deuse a casualidade de que no mesmo programa, xusto despois de aparecer a Florería Hedra en antena, dedicáronse uns minutos ao certame de sumilleres Nova recollida de www.cambados.tk
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
Chon, grazas polos teus comentarios e polo teu apoio.
Benito.
Publicar un comentario